A batalla de Cartaxena foi un enfrontamento militar naval que ocorreu o 13 de maio de 460 ou 461Luis Sánchez González, Juan José Seguí Marco: La romanización en tierras valencianas - Una historia documental. Universitat de València, València, 2012, p. 32.Ana María Ronda Femenia: L'Alcúdia de Alejandro Ramos Folqués - Contextos arqueológicos y humanos en el yacimiento de la Dama de Elche. Universidad de Alicante, Alicante, 2018, p. 316Britannica.com: Majorian - Roman emperorPeter Heather: The Fall of the Roman Empire - A New History of Rome and the Barbarians. Oxford University Press, New York 2006. pp. 398-400, 467 y 485. entre a armada romana e a vándala, no contexto dos intentos do emperador Maioriano de reconquistar os territorios perdidos. O encontro, que tivo lugar fronte ás costas da provincia romana Cartaxinenese, saldouse cunha vitoria vándala.
Contexto En 457, Maioriano accedeu ao trono do Imperio Romano de Occidente, limitado territorialmente, naquel momento, á Península Itálica, Dalmacia e algunhas partes do norte da Galia. Partindo para restaurar as antigas fronteiras do imperio, invadiu o sur da Galia en 458 e derrotou aos visigodos de Teodorico II na batalla de Arelate (actual Arles, Francia). Despois de derrotar aos godos asentados en Hispania e Septimania e impoñer a condición legal de pobo federado, Maioriano comezou a montar unha frota en Portus Ilicitanus (Santa Pola), porto de Ilici (Elx), preto de Carthago Nova (Cartaxena), coa que pretendía invadir o reino vándalo do norte de África.
Batalla Na primavera de 460 ou 461, Maioriano tiña xa construídas 300 naves e esperaba máis no outono. Os vándalos decidiron atacar antes de que o exército romano se convertese nunha forza insuperable. O 13 de maio, unha frota vándala ao mando de Xenserico atacou os romanos por sorpresa. Moitos dos capitáns romanos foran subornados, polo que case non houbo resposta. A mariña romana quedou totalmente destruída xunto con calquera esperanza romana de reconquistar o norte de África.
Notas
Véxase tamén
Xenserico Maiorano Vándalos Reino vándalo do norte de África Categoría:Batallas do século V Categoría:Imperio Romano de Occidente Categoría:Vándalos