Dalmacio Giráldez Buceta, nado en Valeixe (A Caniza) o 9 de decembro de 1881 e finado na Habana o 22 de marzo de 1957, foi un farmacéutico galego.
Traxectoria Fillo do comandante Benito Giráldez González e de Gumersinda Buceta Rivera. Estudou o Bacharelato no Instituto da Coruña,La Voz de Galicia, 22-6-1901, p. 2. e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.El Eco de Santiago, 28-2-1903, p. 1. Marchou a Cuba cara a 1912 instalándose en Baracoa onde abriu unha farmacia. Foi vogal da directiva do Comité Pro-Libertad de España contra a ditadura de Primo de Rivera.Eco de Galicia, 5-4-1925, p.2. Visitou Valeixe en 1928.El Pueblo Gallego, 26-10-1928, p. 13. Retornou a España en xullo de 1929,El Pueblo Gallego, 10-7-1929, p. 9. e instalouse en Madrid, onte estivo adherido á Liga Nacional Laica.Ficha de Dalmacio Giraldez Bureta Na República viaxou varias veces as Cuba. Pasaba moitos veráns en Valeixe.Faro de Vigo, 20-8-1932, p. 6.Tribuna, 2-9-1934, p. 4.El Pueblo Gallego, 9-8-1935, p. 9. Volveu a Cuba, onde morreu en 1957.
Vida persoal Casou con Angustias Rodríguez e foi pai de Hilda, Elena e Rosa Giráldez Rodríguez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Dalmacio Giráldez Buceta
Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Caniza Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1957