Cameron Elijah Reddish, nado o 1 de setembro de 1999 en Norristown, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Reddish foi escollido na 10ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Atlanta Hawks. Reddish asinou cos Hawks o 1 de xullo de 2019. O 24 de outubro de 2019, Reddish debutou na NBA, na vitoria dos Hawks por 117–100 contra os Detroit Pistons.
O 13 de xaneiro de 2022, Reddish foi traspasado xunto a Solomon Hill e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025 ós New York Knicks, a cambio de Kevin Knox e unha elección de primeira rolda do Draft. Reddish debutou cos Knicks o 23 de xaneiro de 2022.
O 9 de febreiro de 2023, os Knicks traspasaron a Reddish ós Portland Trail Blazers, nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Charlotte Hornets e os Philadelpha 76ers. Debutou cos Trail Blazers o día seguinte, facendo 11 puntos na derrota por 138–129 contra os Oklahoma City Thunder.
O 6 de xullo de 2023, Reddish asinou cos Los Angeles Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados no condado de Montgomery, Pensilvania Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers