Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, nado en Vigo o 12 de maio de 1952, é un empresario galego do sector conserveiro. Desde 2022 é o presidente dos empresarios de Galicia.
Traxectoria Licenciouse, e posteriormente doutorouse, en Química pola Universidade de Santiago de Compostela.
Como empresario, ocupou cargos de responsabilidade en distintas organizacións do sector da conserva, e especialmente foi o secretario xeral de ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Mariscos) durante tres décadas, desde 1991 ata 2022. Tamén ocupou cargos de relevancia en organizacións centradas na explotación do atún e da sardiña (Organización Interprofesional do Atún - Interatún, Eurothon, Comité Internacional da Sardiña pilchardus).
A partir de 2009 comeza a obter postos de responsabilidade nas organizacións empresariais, primeiro cunha vogalía na xunta directiva da Confederación de Empresarios de Galicia, e dous anos máis tarde como vicepresidente da confederación de empresarios da provincia de Pontevedra. En xaneiro de 2021 foi elixido presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
Foi director da revista sectorial Industria conservera.
Ademais, é cónsul de honra de Polonia en Galicia.
Notas
Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes