Manuel Álvarez Silva, nado en Vigo cara a 1908 e finado en Vilagarcía de Arousa o 9 de novembro de 1938, foi un político galego.
Traxectoria Albanel de Lavadores. Afiliado ao PCE, desempeñaba un cargo orgánico no partido en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e refuxiouse en Abalo (Catoira), de onde era a familia da súa muller. Construíu un refuxio na palleira da casa familiar onde se agochaba. Sorprendido no Monte Lobeira, foi asasinado. Foi soterrado no cemiterio na parroquia de Cornazo xunto con Perfecto Allo Sabor tamén asasinado no monte Lobeira."La familia de un republicano muerto en Lobeira pide la exhumación de su fosa", La Voz de Galicia, Arousa, 9-12-2008, L3.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica escavou a fosa no cemiterio de Cornazo e topou os seus restos en 2009.Homenaje póstumo al represaliado en Cornazo"Hallan restos que podrían ser de un joven asesinado durante la Guerra Civil por los sublevados", La Voz de Galicia, Arousa, 16-9-2009, L10. Vida persoal
Casou con Rosa Taibo Varela e foi pai de Carmen, Manuel e Elvira Álvarez Taibo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Memoria Histórica busca en el cementerio de Cornazo a un vigués ajusticiado en 1937
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo
Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1938