miniatura|Alegoría da sabedoría na biblioteca de Celso en Éfeso. A inscrición en grego di «ΣΟΦΙΑ ΚΕΛΣΟΥ» (sofía Kelsou). A pesar da ausencia de iota subscrita marcando o dativo na primeira palabra, interprétase como "á sabedoría de Celso". A sabedoría é un carácter que se desenvolve coa aplicación da intelixencia na experiencia propia, obtendo conclusións que dan un maior entendemento, que á súa vez capacitan para reflexionar, extraendo conclusións que dan discernimento da verdade, o bo e o malo. A sabedoría e a moral interrelaciónanse dando como resultado un individuo que actúa con bo xuízo. Algunhas veces tómase a sabedoría como unha forma especialmente ben desenvolvida do sentido común.

Nas ciencias da información, a sabedoría constitúe o vértice da pirámide formada, de menor a maior complexidade, por dato, información, coñecemento e sabedoría.

Na sapiencia destácase o xuízo san baseado no coñecemento e no entendemento; a aptitude de valerse do coñecemento con éxito e o entendemento para resolver problemas, evitar ou impedir perigos, alcanzar certas metas, ou aconsellar a outros. É o oposto á parvada, a estupidez e a tolemia, e con frecuencia contrasta con estas. Tomé de Aquino define a sabedoría como "o coñecemento certo das causas máis fondas de todo".Tomé de Aquino, In Metaphysica, I, 2 Por iso, para el, a sabedoría ten como función propia ordenar e xulgar todos os coñecementos.

A sabedoría toma as súas referencias do que se denomina memoria a longo prazo. Noutras palabras, o vivido tivo que experimentarse con suficiente frecuencia ou intensidade como para que non se borre do noso recordo, se insira nos esquemas do que consideramos bo ou mao e se teña en conta como parte dos procesos de supervivencia do individuo.

En psicoloxía Moitos psicólogos consideran a sabedoría como distinta das habilidades cognitivas medidas polos exames de intelixencia. A sabedoría é con frecuencia considerada como un trazo que pode desenvolverse pola experiencia, mais non ensinado. Cando se aplica a asuntos prácticos, a palabra "sabedoría" é sinónimo de prudencia. Algúns consideran a sapiencia como unha cualidade que mesmo un neno, doutro xeito inmaturo, pode posuír con independencia da experiencia ou o coñecemento completo.

A cultura contemporánea limita a importancia da sabedoría e da intuición.

O nivel da sabedoría ou a prudencia como unha virtude é recoñecida en fontes culturais, filosóficas e relixiosas.

Perspectivas mitolóxicas e filosóficas Os antigos gregos consideraban a sabedoría como unha importante virtude, personificada como as deusas Metis e Atenea. Metis foi a primeira esposa de Zeus, quen, segundo a Teogonía de Hesíodo, a devorara embarazada; Zeus gañou despois o título de Mêtieta ("Sabia Conselleira"), xa que Metis era a encarnación da sabedoría, e deu a luz a Atenea, de quen se di que xurdiu da súa cabeza.Hesíodo. Teogonía. Atenea era representada como forte, xusta, misericordiosa e casta. Apolo tamén era considerado un deus da sabedoría, designado como director das musas (Musagetes), que eran personificacións das ciencias e das artes inspiradas e poéticas. Segundo Platón no seu "Crátilo", o nome de Apolo tamén podía significar ballon (arqueiro) e omopoulon (unificador de polos [divino e terreal]), xa que este deus era o responsable das inspiracións divinas e verdadeiras, polo que era considerado un arqueiro que sempre acertaba na curación e os oráculos: "é un arqueiro que sempre se lanza".Platón. Cratylus, 405e-406a Apolo era considerado o deus que profetizaba a través das sacerdotisas (Pythia) no Templo de Apolo (Delfos), onde estaba inscrito o aforismo "coñécete a ti mesmo" (gnōthi seauton)Critias states meaning of 'know thyself' in Plato's Charmides (165a) (parte da sabedoría das máximas de Delfos).Scott, Michael. Delphi: A History of the Center of the Ancient World. Princeton University Press. Estaba contraposto a Hermes, relacionado coas ciencias e a sabedoría técnica, e, nos primeiros séculos da era cristiá, foi asociado con Thoth nun sincretismo exipcio, baixo o nome de Hermes Trimegistus. A tradición grega rexistrou ps primeiros introdutores da sabedoría nos Sete Sabios de Grecia.A. Griffiths, "Seven Sages", in Oxford Classical Dictionary (3rd ed.)

Para Sócrates e Platón, a filosofía era literalmente o amor á sabedoría (philo-sophia). Isto impregna os diálogos de Platón; na República os líderes da súa proposta de utopía son reis filósofos que comprenden a idea do ben e posúen o valor de actuar en consecuencia. Aristóteles, en Metafísica, definiu a sabedoría como a comprensión de por que as cousas son dun determinado xeito (causalidade), o que é máis profundo que o simple feito de saber que as cousas son dun determinado xeito.Nótese que dous mil anos despois de Aristóteles, Isaac Newton viuse na obriga de admitir que "aínda non puiden descubrir a causa destas propiedades da gravidade". Foi o primeiro en facer a distinción entre phronesis e sophia.

Segundo Platón e Xenofonte, a Pitia do Oráculo de Delfos respondeu a pregunta "quen é o home máis sabio de Grecia?" afirmando que Sócrates era o máis sabio.Platón. Simposio.Xenofonte. Memorabilia. Segundo a Apoloxía de Platón, Sócrates decidiu investigar as persoas que poderían considerarse máis sabias ca el, concluíndo que carecían de verdadeiro coñecemento:

Así, inmortalizouse popularmente na frase "só sei que non sei nada" que é sabio recoñecer a propia ignoranciaGail Fine, "¿Sócrates afirma saber que no sabe nada?", Oxford Studies in Ancient Philosophy vol. 35 (2008), pp. 49-88. e valorar a humildade epistémica.The Stanford Encyclopedia of Philosophy editor= Edward Zalta, Metaphysics Research Lab, Stanford University

Os antigos romanos tamén valoraban a sabedoría que se personificaba en Minerva, ou Atenea. Ela tamén representa o coñecemento hábil e as virtudes, especialmente a castidade. O seu símbolo era o moucho, que continúa a ser unha representación popular da sabedoría, porque pode ver na escuridade. Dise que naceu da fronte de Xúpiter.

A sabedoría tamén é moi importante dentro do xudaísmo e do cristianismo. Así por exemplo o sinala claramente a Biblia en Proverbios 4:7, como un mandato divino, ao dicir:

De acordo con isto, Xesús insistiu nela. A prudencia, intimamente relacionada coa sabedoría, converteuse nunha das catro virtudes cardinais do catolicismo. O filósofo cristián Tomé de Aquino consideraba que a sabedoría era o "pai" (é dicir, a causa, a medida e a forma) de todas as virtudes.

Na biblia católica, pódese examinar o importante que é a exhortación á adquisición da sabedoría para os seres humanos, por exemplo no Libro da Sabedoría 6:1-25. Este libro tamén forma parte do canon bíblico da Igrexa ortodoxa, polo que isto tamén se aplica á Biblia usada por esa igrexa.

Na liña da concepción socrática, no século XVIII Immanuel Kant salientaba que «o home non está en posesión da sabedoría, só tende cara a ela». A filosofía entón sería un esforzo cara á sabedoría, que nunca se cumpre plenamente. Deste xeito, para a filosofía crítica kantiana a figura do sabio convértese en fundamental, aínda que só como norma ideal e inalcanzable á que o filósofo simplemente pode aspirar.

Nas tradicións budistas, o desenvolvemento da sabedoría desempeña un papel central en que se proporciona unha guía completa sobre como desenvolver a sabedoría. Na tradición inuit, desenvolver a sabedoría era un dos obxectivos do ensino. Un ancián inuit dicía que unha persoa se convertía en sabia cando podía ver o que había que facer e facíao con éxito sen que lle dixesen o que tiña que facer.

En moitas culturas, o nome dos terceiros molares, que son os derradeiros dentes en saír, está etimoloxicamente relacionado coa sabedoría, por exemplo, como en galego "moa do siso" ou en inglés wisdom tooth. O seu alcume orixinouse na tradición clásica, que nos escritos hipocráticos xa se chamaba sóphronistér (en grego, relacionado co significado de moderación ou dar unha lección), e en latín dens sapientiae, xa que aparecen na idade da madureza ao final da adolescencia e ao principio da idade adulta.

Perspectivas psicolóxicas Os psicólogos comezaron a reunir datos sobre as crenzas comúns ou teorías populares sobre a sabedoría.Sternberg, R. J. (1985). Teorías implícitas de la inteligencia, la creatividad y la sabiduría. Journal of Personality and Social Psychology, 49, 607-62. As primeiras análises indican que, aínda que "existe un solapamento da teoría implícita da sabedoría coa intelixencia, a capacidade de percepción, a espiritualidade e a astucia, é evidente que a sabedoría é unha pericia para afrontar as cuestións difíciles da vida e a adaptación ás exixencias complexas".

Estas teorías implícitas contrastan coas teorías explícitas e a investigación empírica sobre os procesos psicolóxicos resultantes que subxacen á sabedoría. As opinións sobre as definicións psicolóxicas da sabedoría varían, mais hai certo consenso en que son críticos para a sabedoría certos procesos de metacognición que permiten a reflexión e o xuízo sobre asuntos vitais críticos. Estes procesos inclúen o recoñecemento dos límites do propio coñecemento, o recoñecemento da incerteza e o cambio, a atención ao contexto e ao panorama xeral, e a integración de diferentes perspectivas dunha situación. Os científicos cognitivos suxiren que a sabedoría require coordinar estes procesos de razoamento, xa que poden proporcionar solucións perspicaces para xestionar a propia vida. En particular, este tipo de razoamento é teórica e empiricamente distinto da intelixencia xeral. Robert Sternberg suxeriu que a sabedoría non debe confundirse coa intelixencia xeral (fluída ou cristalizada). En consonancia con esta idea, os investigadores demostraron empiricamente que o razoamento sabio é distinto do cociente intelectual (CI).

Baltes e os seus colegas en Wisdom: Its Structure and Function in Regulating Lifespan Successful Development definiu a sabedoría como "a capacidade de afrontar as contradicións dunha situación concreta e de valorar as consecuencias dunha acción para si mesmo e para os demais. Lógrase cando nunha situación concreta se pode elaborar un equilibrio entre os intereses intrapersoais, interpersoais e institucionais". O equilibrio en si mesmo parece ser un criterio crítico da sabedoría. A investigación empírica comezou a dar apoio a esta idea, mostrando que o razoamento relacionado coa sabedoría está asociado co logro do equilibrio entre os intereses intrapersoais e interpersoais cando se enfrontan aos desafíos da vida persoal, e cando se establecen obxectivos para a xestión dos conflitos interpersoais.

Os investigadores do campo da psicoloxía positiva definiron a sabedoría como a coordinación do "coñecemento e a experiencia" e "o seu uso deliberado para mellorar o benestar".

Comprensión e relación entre a sabedoría con outros conceptos afíns A sapiencia implica amplitude de coñecemento e profundidade de entendemento, que son os que achegan a sensatez e a claridade de xuízo que a caracterizan. A persoa sabia "atesoura coñecemento" e así ten un fondo ao que recorrer.Pr 10:14. Aínda que a “sabedoría é a cousa principal”, o consello é:

O entendemento (termo amplo que con frecuencia abrangue o discernimento) engade forza á sabedoría, contribuíndo en gran maneira á discreción e á previsión, cualidades que tamén son características notables da sabedoría. A discreción supón prudencia, e pódese expresar en forma de cautela, autodominio, moderación ou comedimento. A persoa “discreta [unha forma de fró·ni·mos]” edifica a súa casa sobre a masa rochosa, prevendo a posibilidade dunha treboada; o insensato edifícaa sobre a area e experimenta o desastre.Mt 7:24-27