Os Etelä-Vantaan Urheilijat, ou simplemente EVU, son un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vantaa(Finlandia). O equipo xoga os seus partidos como local no Myyrmäen jäähalli.

Os maiores éxitos do equipo chegaron na categoría feminina. Durante anos as xogadoras do equipo de Vantaa disputaron a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, sendo un dos equipos fundadores da liga na tempada 1982-83. Na primeira tempada conseguiron a medalla de bronce, á que sumaron posteriormente cinco medallas de prata nos anos 1984, 1985, 1987, 1988 e 1990. Mais foi na tempada 1988-89 cando chegou o maior éxito do equipo feminino logo de alzarse co campionato finlandés.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia