Unha partida de xadrez armaxedón, tamén coñecida como morte súbita, é na que, xeralmente en modo lóstrego (cinco minutos por xogador para toda a partida), quen xoga coas pezas brancas dispón de máis tempo para realizar as súas xogadas. Porén, ten a obriga a gañar a partida, mentres que quen xoga coas pezas negras obtén a vitoria en caso de táboas. Este tipo de partida adoita utilizarse como desempate definitivo cando todos os intentos previos resultaron insuficientes.

Entre os torneos que empregan este sistema de desempate destacan os realizados mediante encontros individuais ou por eliminación directa, como os campionatos mundiais. O desempate por armaxedón estipulouse como último recurso a partir dos encontros do Mundial de xadrez de 2006.

En 2016 propúxose un nome distinto, ao disputarse o campionato mundial con esta cláusula. Alberto Paglilla, xornalista de xadrez italo-arxentino, ideou o "minuto d'oro". Argumentou que a diferenza dun minuto nunha partida lóstrego, ben sexa de máis ou de menos, é valiosa e enorme. Por contra, "armaxedón" é máis afastado.

Notas

Categoría:Termos de xadrez Categoría:Variantes de xadrez