Granda é unha parroquia do concello asturiano de Xixón. En 2008 tiña 626 habitantes e en 2018 643.

Xeografía Pola parroquia discorre o río Piles, xerando un espazo de natureza fluvial transitable pola Senda Fluvial do río Piles, que mide 19 km e se conecta coa Vía verde da Camocha. Os seus límites son ao norte o barrio de Ceares traspasando a autoestrada do Cantábrico; ao leste a parroquia de Castiello de Bernueces; ao oeste o barrio de Nuevo Roces mediante a AS-I; ao sur as parroquias de Leorio, Huerces e Vega.

Transportes Granda é vertebrada pola AS-377, que une Pola de Siero con Xixón. Por Granda discorre a Liña 16 de EMTUSA que conecta a estación de Xixón con Veiga e o autobús nocturno B-4, que enlaza Vega con Viesques, La Arena e El Humedal.

Historia Granda pertencera aos feudos do Señorío de Noreña dende uns privilexios outorgados polo rei Xoán I en 1383. A principios do século a parroquia aparece como exclusivo lugar de residencia para as clases altas antillanas, como é exemplo a leira Solavieya, de 1918. En 1924 chégase a conceder unha ostentosa festa ao Príncipe de Asturias Juan de Borbón.

Sitios de interese dereita|miniatura|250x250px|Fachada principal de Solavieya dereita|miniatura|333x333px|Fachada principal da igrexa parroquial

Solavieya Casa de indianos deseñada por Manuel do Busto con gran xardín.

Igrexa de Santo Tomás Igrexa parroquial referenciada por primeira vez no ano 933 como igrexa de Santo Tomás de Vaones, sendo unha das igrexas máis antigas de Xixón. A mediados do século  a igrexa derrúbase e constrúese unha nova na localización actual. Con todo, esta igrexa tamén se destrúe polo seu mal estado en favor dunha nova igrexa inaugurada en 1908 baixo o amparo de José Antonio García Sol, promotor tamén de Solavieya. Durante a Guerra Civil este templo sofre o mesmo destino que as súas predecesoras, construíndose a nova igrexa en 1947.

Matadoiro de Xixón Granda alberga a planta do Matadoiro de Xixón.

Lugares Vaones Granda de Baxo Granda de Riba La Barniella La Belga La Carbayera La Folguera El Foru La Perdiz

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

RECTIFICACIÓN de erros habidos no Decreto 105/2006, de 20 de setembro, polo que se determinan os topónimos oficiais do concello de Xixón

Categoría:Parroquias de Xixón