Manuel de las Casas Gómez, nado en Talavera de la Reina en 1940 e finado en Madrid o 8 de febreiro de 2014, foi un arquitecto español. miniatura| Pazo de Congresos de Pontevedra. miniatura| Pazo de Congresos e Recinto Feiral de Pontevedra.
Traxectoria Licenciouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1964 e doutorouse na mesma escola en 1966, onde tamén impartiu clases no departamento de proxectos.
Ademais, foi nomeado Inspector Xefe do Servizo de Restauración de Monumentos (Ministerio de Cultura) en 1979, primeiro Subdirector Xeral de Proxectos e Obras, logo Director Xeral da Dirección Xeral de Arquitectura e Construción (Ministerio de Obras Públicas) e Director da Bienal de Arquitectura en 1983.
Obras Restauración da Catedral de Toledo (Toledo, 1982). Igrexa e Centro Parroquial de Santa Irene (Madrid), 1984. Pavillón de Castela-A Mancha na Expo. '92, (Sevilla, 1991). Instituto Hispanoportugués Rei Afonso Enriques (Zamora): reforma dun convento franciscano, 1993. Ministerio de Agricultura (Toledo), 1993. 198 vivendas sociais (Alcobendas). Pazo de Congresos e Auditorio de Pontevedra, 1997. Facultade de Ciencias da Saúde (A Coruña), 1998. Real Fundación de Toledo (Toledo), 1998. Recinto Feiral de Pontevedra, 1998. Centro Cultural ( Villaviciosa d'Odón). Casa Sánchez-Medina (Toledo, 2004).
Premios Premio de Urbanismo e Arquitectura (Concello de Madrid 1986). Premio de Urbanismo e Arquitectura (Concello de Madrid 1991). I Bienal de Arquitectura Española (Ministerio de Fomento, 1991). II Bienal de Arquitectura Española (MOPU, 1993). Instituto Hispanoportugués "Rei Afonso Henriques" (Consellería de Educación e Cultura e Deputación de Zamora, 1993). Medalla de Ouro das Belas Artes (Ministerio de Cultura, 1995). Medalla de Ouro do Concello de Toledo (Concello de Toledo, 1998). I Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Enxeñaría Civil (1998). Premio á Calidade da Estética (comunidade de Madrid, 1998). Premio á Calidade de Solucións de Vivendas (comunidade de Madrid, 1998). VIII Edición do Premio COAG de Arquitectura: Mellores edificios de nova planta (Escola Oficial de Arquitectos de Galicia, 1998). Premio Nacional de Arquitectura (España, 1999). Premio Antolóxico de Arquitectura Contemporánea ao mellor aloxamento privado (Castela-A Mancha, 2006).
Notas
Véxase tamén Bibliografía M. de las Casas. Instituto Hispano-Luso Rei Alfonso Enriques , Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Vivenda, Arquitectura e Urbanismo, 1999. .
Outros artigos Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra Recinto Feiral de Pontevedra
Ligazóns externas Manuel de las Casas en la Biblioteca ETSAM
Categoría:Nados en Talavera de la Reina Categoría:Nados en 1940 Categoría:Arquitectos de España Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Finados en 2014 Categoría:Premio COAG de Arquitectura