Netta é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos aitinos.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.Netta Kaup, 1829 no GBIF. Consultado o 1 de decembro de 2022.Netta Kaup, 1829 na BioLib. Consultada o 1 de decembro de 2022.
Etimoloxía O nome científico Netta deriva do grego antigo netta, "pato".Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 269.
Especies No xénero recoñécense tres especies:
Imaxe Nome científico Nome vulgar Distribución Netta erythrophthalma ————————— Suramérica, África Netta peposaca Parrulo patagón Suramérica Netta rufina Parrulo rubio Europa central, sur de Asia, Norte de África
Nota taxonómica O pato de cabeza rosa, probabelmente extinto, anteriormente foi clasificado como Rhodonessa caryophyllacea, pero demostrouse recentemente mediante análises filoxenéticas estreitamente relacionado co pato rubio,Livezey, B. C. (1998): "A phylogenetic analysis of modern pochards (Anatidae: Aythini)" (PDF) . Auk 113 (1): 74–93. polo que agora foi transferido ao mesmo xénero, como Netta caryophyllacea.
Porén, isto foi cuestionado debido ás numerosas e pronunciadas peculiaridades desa especie.
Características Netta é un xénero de patos mergulladores. Pero a diferenza doutros patos mergulladores (anatinos), son reticentes a mergullarse e aliméntanse como os patos non mergulladores.
Son patos gregarios, que se encontran principalmente na auga doce.
Son bos voadores; as súas ás anchas e de punta roma requiren batidos máis rápidos que os de moitos patos, e despegan con certa dificultade. Non camiñan ben na terra como os patos terrestres porque as súas patas adoitan situarse máis atrás para axudarlles a impulsalas cando están baixo a auga.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Aves de África Categoría:Aves de Europa Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1833 Categoría:Taxons descritos por Johann Jakob Kaup Categoría:Netta