Argentina, 1985 é un filme arxentino de 2022 producido e dirixido por Santiago Mitre e escrito por Mitre e Mariano Llinás. Está protagonizado por Ricardo Darín, Peter Lanzani, Alejandra Flechner e Norman Briski. Estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 3 de setembro de 2022. Foi escollido como candidato da Arxentina para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado. Tamén foi nomeado aos Premios Goya. Tamén foi considerado como un dos 5 mellores filmes internacionais de 2022 pola National Board of Review.

Sinopse A historia segue os sucesos arredor do Xuízo ás Xuntas de 1985, que perseguiron os líderes da última ditadura cívico-militar (1976–1983). Céntrase no esforzo dun grupo de avogados dirixidos polos fiscais Julio César Strassera e Luis Moreno Ocampo contra os responsábeis da ditadura máis sanguenta da historia da Arxentina.

Personaxes

Ricardo Darín como Julio César Strassera Peter Lanzani como Luis Moreno Ocampo Alejandra Flechner como Silvia Strassera (baseada en Marisa Strassera) Claudio Da Passano como Carlos "Somi" Somigliana Santiago Armas Estevarena como Javier Strassera (baseado en Julián Strassera) Gina Mastronicola como Verónica Strassera Norman Briski como "Ruso" Héctor Díaz como Basile Carlos Portaluppi como León Carlos Arslanián Laura Paredes como Adriana Calvo Guillermo Jacubowicz como Ormigga Susana Pampín como Magda Alejo García Pintos como xuíz Manuel Caponi como Lucas Palacios Almudena González como Judith König Marcelo Pozzi como Jorge Rafael Videla Jorge Gregorio como Orlando Ramón Agosti Joselo Bella como Emilio Eduardo Massera Sergio Sanchez como Jorge Isaac Anaya Marcelo López como Basilio Lami Dozo Carlos Ihler como Leopoldo Fortunato Galtieri Héctor Balcone como Roberto Eduardo Viola

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Santiago Mitre Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes ambientados na Arxentina Categoría:Filmes sobre represión política