The Beta Band é o primeiro álbum de estudio oficial da banda escocesa de folktrónica The Beta Band, publicado o 21 de xuño de 1999 a través do selo Regal Zonophone Records. Foi a continuación da súa aclamada recompilación dos seus tres primeiros EPs, titulada The Three E.P.'s (1998). A banda planeou orixinalmente gravar o álbum en catro continentes distintos, pero problemas financeiros reduciron os lugares de gravación; porén, o disco foi gravado en varios lugares. A banda efocou a creación das canciones de varios xeitos, ás veces formando cancións a partir de melodías individuais, ás veces reunindo outras liñas de música, entre outras formas.
O álbum baséase na natureza experimental dos seus EPs, e adoita a ser visto como un álbum particularmente intricado e experimental, con moitas influencias, efectos de son, instrumentación e estruturas de cancións distintas. Baseado máis no ritmo que os lanzamentos anteriores, os numerosos estilos e influencias diferentes incorporados en The Beta Band inclúen psicodelia, hip hop e blues. O vocalista Steve Mason describiu as súas letras no disco acertadas pero sen interese narrativo. A banda tamén gravou un disco extra de ambient con dúas longas composicións, pero decidiu non incluír o disco no lanzamento final.
Tras o seu lanzamento a banda fixo pública a súa pouca satisfacción co traballo, chamándoo "fodidamente horrible", culpando en gran medida ás limitacións de tempo. Tras o seu lanzamento chegou ao número 18 da lista británica de álbums. Os críticos foron favorables con respecto ao álbum, aínda que moitos atopárono particularmente desordeado e decepcionante despois dos EPs. Porén, en anos posteriores varios críticos dixeron que o disco estaba subestimado e loubaron as súas ambicións.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Beta Band Categoría:Álbums musicais de 1999 Categoría:Álbums de Astralwerks