Ricardo Vázquez Gómez, nado en Boqueixón cara a 1903 e finado en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1937, foi un xornaleiro e político galego.

Traxectoria Xornaleiro veciño de Sergude. Garda das obras do ferrocarril A Coruña-Zamora no tramo A Susana-Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 1195/36 o 17 de abril de 1937 xunto con Laureano Amboage Quiñoy, Jesús Rodríguez Vázquez, José Antúnez Barros e Julián Albor Souto, acusados do delito de rebelión, o fiscal pediu a pena de morte para Ricardo Vázquez e Laureano Amboage e reclusión perpetua para os outros.El Eco de Santiago, 17-4-1937, p. 2.El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 11. Finalmente só Ricardo Vázquez foi condenado a morte, sendo executado en Compostela o 11 de maio de 1937.El Eco de Santiago, 11-5-1937, p. 2.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1937