In the Wake of Poseidon é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo King Crimson, publicado o 15 de maio de 1970 a través dos selos Island Records en Europa, Atlantic Records nos Estados Unidos, Philips Records en Australia, e Vertigo Records en Nova Zelandia. Ata a data é o disco de King Crimsom que máis alto chegou nas listas británicas, acadando o número 4.

O álbum foi gravado durante un período de inestabilidade dentro da banda debido a unha formación flutuante. Segue un estilo musical e unha secuencia de cancións moi semellante ao seu primeiro traballo, In the Court of the Crimson King. O disco foi ben recibido pola crítica do seu tempo, que louvou a execución xeral e a calidade de produción como unha mellora con respecto ao seu álbum de estrea. Porén, recensións posteriores criticaron a súa forte dependencia do esquema establecido polo seu predecesor e, en xeral, consideran que o álbum é inferior.

Listaxe de cancións Todos os LPs europeos publicados por Island e Polydor teñen etiquetas erróneas que deixan fóra a "Peace – A Theme" e listan a "The Devil's Triangle" e aos seus tres movementos como catro temas distintos. A meirande parte dos LPs estadounidenses e xaponeses de Atlantic Records teñen a lista de cancións correcta.

Notas

Categoría:Álbums de King Crimson Categoría:Álbums musicais de 1970 Categoría:Álbums producidos por Robert Fripp Categoría:Álbums de Island Records