Marmaduke Duke é un dúo de rock conceptual escocés procedente de Ayrshire e formado por Simon Neil de Biffy Clyro e JP Reid de Sucioperro. No grupo a parella utiliza os pseudónimos The Atmosphere e The Dragon respectivamente. Segundo Neil, a banda, e os seus álbums, están "baseados ​​nunha triloxía de manuscritos inéditos que un amigo noso trouxo a este país hai uns anos. Realmente estamos traballando para facer a banda sonora desas historias".

Ata a data a banda publicou dous álbums de estudio, conseguindo o segundo, Duke Pandemonium, éxito comercial no Reino Unido. O disco chegou ao número 14 da lista británica de álbums.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloThe Magnificent Duke2005Captains of IndustryDuke Pandemonium200914th Floor Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Escocia Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de dance-pop Categoría:Grupos musicais de funk Categoría:Grupos musicais formados en 2003