Mark é un concello sueco no condado de Västra Götaland. A súa capital é a localidade de Kinna, fusionada con Skene e Örby. No mes de setembro de 2022 o concello tiña unha poboación de 35 374 habitantes.

O concello está situado na parte suroeste do landskap de Västergötland e limita ao norte cos municipios de Härryda, Mölndal, Bollebygd e Borås, ao leste co de Svenljunga, ao sur cos concellos de Falkenberg e Varberg e ao oeste co de Kungsbacka. En dirección nordés-suroeste flúe o río Viskan.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland