José Fuentes Colmeiro, nado en 1925 e finado en Arzúa o 2 de xaneiro de 2013, foi un político galego.
Traxectoria Creou a primeira fábrica de queixo en Arzúa en 1947. Foi membro fundador e primeiro presidente da segunda etapa da Cooperativa Perpetuo Socorro de Arzúa. Dono dunha cafetaría-cine en Arzúa. No franquismo foi concelleiro de Arzúa, sendo primeiro tenente de alcalde en 1965. Foi nomeado alcalde de Arzúa en 1968. Permaneceu no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Arzúa o 2 de xaneiro de 2013.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-1-2013, p. 41.
Vida persoal
Casou con Josefina Barreiro Míguez e foi pai de Amalia Fuentes Barreiro
Notas
Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1998