Andréi Nikolayevich Túpolev (en ruso: Андрей Николаевич Туполев), nado en Pustomázovo, Óblast de Tver, no 29 de outubro de 1888, en finado en Moscova, no 23 de decembro de 1972, foi un deseñador e construtor de avións ruso.

Traxectoria Carreira aeronáutica A partir de 1929, foi un deseñador preeminente, cando traballou no Instituto Central de Aerohidrodinámica de Moscova (TsAGI), onde máis dun centenar de avións, principalmente bombardeiros, (entre eles o Tupolev Tu-26 e o Tupolev Tu-2) e avións de liña como o Tupolev Tu-134, o Tupolev Tu-154 e o supersónico Tupolev Tu-144.

Arresto Tupolev foi arrestado en 1937 xunto con outro famoso deseñador de avións, Vladimir Petliakov, acusado de crear un partido fascista. En 1939 foi trasladado a unha prisión de Bolxevo nas proximidades de Moscova, nun sharashka (campo especial), onde tamén foron presos varios dos seus colegas. Oficialmente foi condenado a dez anos, pero en 1944 foi posto en liberdade grazas aos "servizos prestados". No cárcere proporcionáronlle o necesario para "prestar servizos á Patria en perigo", principalmente servizos de enxeñería mecánica e aeronáutica.

Rehabilitación A súa plena rehabilitación non chegou até unha década despois da morte de Stalin. Recibiu entre outras condecoracións e honras a Orde de Georgi Dimitrov, Orde Suvórov, Premio Lenin e Heroe do Traballo Socialista.

Familia O seu fillo Alekséi Túpolev tamén foi un famoso deseñador de avións de liña, participando en proxectos como o Tupolev Tu-144. Andrei morreu en Moscova de morte natural ao lado do seu neto Steffanov Tupolev, fillo do seu fillo Aleksei. Os seus restos repousan no cemiterio de Novodevichy. Steffanov Tupolev é actualmente piloto de probas e deseñador do Tu-334 e Tu-414, así como do avión de carga Tupolev Tu-330.

Notas As datas dobres indican en primeiro lugar a data segundo o calendario xuliano vixente até a Revolución de Outubro (1917) e en segundo lugar a data segundo o calendario gregoriano, empregado nos países occidentais dende os séculos XVI ou XVIII.

Véxase tamén

Tupolev Tupolev SB Tupolev Tu-4 Tupolev Tu-16 Tupolev Tu-22M Tupolev Tu-70 Tupolev Tu-75 Tupolev Tu-104 Tupolev Tu-124 Tupolev Tu-134 Tupolev Tu-154 Sergei Koroliov Desestalinización

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Premio Lenin Categoría:Heroes do Traballo Socialista Categoría:Enxeñeiros da Unión Soviética