Nynäshamn é un concello sueco no condado de Estocolmo, ao sur da península de Södertörn. A súa capotal é a localidade de Nynäshamn. En setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 29 855 habitantes.

O concello de Nynäshamn está situado no leste do landskap de Södermanland, co arquipélago sur de Estocolmo no leste. O mar Báltico pecha ao concello polo leste, sur e suroeste. Nynäshamn limita ao nordés co municipio de Haninge e ao noroeste co de Botkyrka, os dous no condado de Estocolmo. Ten ademais fronteira marítima co concello de Södertälje ao oeste, e cos de Trosa e Nyköping ao suroeste.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo