Ricardo Costoya Núñez, finado en Arzúa o 3 de maio de 1955, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante de tecidos en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Arzúa. Membro da Unión Patriótica,El Eco de Santiago, 25-8-1927, p. 1. foi nomeado alcalde de Arzúa en 1927. En 1930 instalou o primeiro cine de Arzúa, o Cine Costoya. Na República foi membro da Junta de Partido da Unión Regional de Derechas polo concello de Arzúa,El Eco de Santiago, 27-7-1932, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Arzúa en 1942, permanecendo no posto ata o ano seguinte. Finou en Arzúa o 3 de maio de 1955.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-5-1955, p. 6.

Vida persoal

Casou con María García González en 1917,El Progreso, 7-2-1917, p. 3. e foi pai de Julio, Ricardo, José, Benjamín, Ana María, Enrique, Manuel, Cesáreo e Ernesto Costoya García.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Finados en 1955