Thurston Harris, nado en Indianapolis o 11 de xullo de 1931 e finado en Pomona o 4 de abril de 1990, foi un cantante e compositor estadounidense, coñecido polo seu éxito «Little Bitty Pretty One», de 1957.

Traxectoria A primeira gravación de Harris data de 1953. Era o vocalista de The Lamplighters, unha banda de R&B de South Los Angeles, na rexión do condado homónimo. A banda cambiou varias veces de nome, de The Tenderfoots a The Sharps.

En 1957 Harris asinou un contrato en solitario con Aladdin Records. A súa banda apoiouno no lanzamento de «Little Bitty Pretty One», unha versión do tema de Bobby Day. Chegou ao posto 6 dos US Billboard Hot 100. O sinxelo logrou o disco de ouro, con máis dun millón de copias. The Sharps pasou a denominarse The Rivingtons e conseguiu a fama co sinxelo «Papa-Oom-Mow-Mow».

«Little Bitty Pretty One» foi publicado con etiquetas en tres cores diferentes, violeta, azul e granate, algo pouco común no momento. A canción aparece nas bandas sonoras de filmes ou series televisivas, como Telling Lies in America, Matilda, Lipstick on Your Collar e Christine.

Harris tivo un segundo e último éxito en 1958, "Do What You Did", que entrou no Top 20. Outra canción moi coñecida del é "Runk Bunk", gravada en 1959 (Aladdin 3452). Harris tamén gravou en Cub, Dot, Imperial, Intro, Reprise e United Artists.

Morte Harris morreu dun ataque de corazón mentres durmía o 14 de abril de 1990.

Versións

Unha das primeira gravacións do inglés Adam Faith foi unha versión de «Runk Bunk». O maior éxito en solitario do estadounidense Frankie Lymon foi unha versión de «Little Bitty Pretty One», que acadou o posto 58 da US Billboard R&B chart en 1960. The Dave Clark 5 acadou o número 24 na UK Singles Chart coa súa versión de «Little Bitty Pretty One» en 1965. The Jackson 5 versionou «Little Bitty Pretty One» no seu álbum Lookin' Through the Windows, de 1972. O galés Shakin' Stevens versionou «Do What You Did» no seu álbum Take One de 1980.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Discografía completa de Thurston Harris

Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en 1931 Categoría:Música contemporánea Categoría:Música dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana