María Catrileo Chiguailaf de Codo, nada en Nueva Imperial en 1944, é unha lingüista mapuche das linguas castelá, inglesa e mapuche. En 2009 recibiu o Premio Provincial de Conservación de Monumentos Nacionais debido aos seus estudos de falantes da lingua mapuche.Académica de la Universidad Austral de Chile Recibió Premio Provincial de Conservación de Monumentos Nacionales Noticias UACh
Traxectoria Nada en Nueva Imperial, pasou a súa nenez nunha comunidade mapuche e logo trasladouse para estudar en Temuco, e posteriormente a Concepción. A súa lingua materna é o mapuche, mais durante a súa nenez, algúns familiares prohibíronlle falala e logo, na escola, aprendeu o castelán. É profesora de educación básica, inglés e mapuche, se cadra a única do mundo que reúna as tres disciplinas.María Catrileo's Works on the Tagmemics of Mapuche
O traballo de Catrileo centrouse na fonoloxía e na morfosintaxe da ingua mapuche e especialmente a forma verbal. Vive na cidade de Temuco, mais traballa no Instituto de Lingüística e Literatura da Universidade Austral de Chile, en Valdivia, onde imparte cursos de mapuche. É autora dos libros Mapudunguyu, Diccionario lingüístico etnográfico de la lengua mapuche e La Lengua Mapuche en el Siglo XXI.
Ademais, traballou para a Universidade de Míchigan, nos Estados Unidos de América, escribindo documentos sobre diferentes temas relacionados coa cultura mapuche.
Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Pobo mapuche Categoría:Lingüistas de linguas indíxenas de América do Sur Categoría:Lingüistas da lingua mapuche