COSMO-SkyMed (Constellation of Small Satellites for Mediterranean basin observation) ou COSMO é unha serie de satélites de observación terrestre italiano mediante radar de apertura sintética.

Características Os catro satélites COSMO lanzáronse entre 2007 e 2010 foron construídos por Alenia Spazio e operados pola Axencia Espacial Italiana (ASI). A súa misión foi observar a superficie terrestre e en especial a área do Mediterráneo en alta resolución para controlar o territorio nacional, monitorizar desastres medioambientais e usos agrícolas e cartografar cunha resolución de ata un metro. O radar dos COSMO-Skymed funcionaba en banda X. Todos foron lanzados mediante foguetes Delta 7420.

Os satélites COSMO formaban, xunto cos satélites ópticos franceses Pleiades, o Sistema Orfeo de observación terrestre.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasCOSMO 18 de xuño de 2007Delta 7420ÉxitoCOSMO 29 de decembro de 2007Delta 7420ÉxitoCOSMO 325 de outubro de 2008Delta 7420ÉxitoCOSMO 46 de novembro de 2010Delta 7420Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 7420 Pléiades (satélites)

Categoría:Satélites artificiais