Santiago Alonso Ferragud, coñecido como Santiago Ferragud, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1949, é un músico e escritor galego.
Traxectoria Estudou na Escola de Peritos de Vigo, traballou nas empresas auxiliares dos estaleiros e tamén de funcionario municipal.
En 1965 fundou a banda de rock and roll Los Temples.
En 2011 fundou Xardín desordenado na que musicaron textos de diferentes autores galegos, como Carlos Casares e María Victoria Moreno.
Todo chega desde o mar (2022) é a súa primeira novela: na que aparecen a folga do metal de Vigo, o GRAPO, e outros episodios da historia de Vigo.
Obra
miniatura|Presentando Tabiba de María Xosé Porteiro en Bueu. Coa autora, Anna R. Figueiredo e Xabier Romero. 8 de xuño de 2023. Organizador: Libraría Miranda.Todo chega desde o mar (2022). A Coruña: Medulia Ed. 234 páxs. ISBN 9788412553215. Limiar de Manuel Bragado.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Xardín desordenado, web
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1949