miniatura|455x455px|As tres rexións históricas de Suecia As rexións históricas de Suecia (landsdelar) son as tres antigas "partes principais" do país, Svealand, Götaland e Norrland. É unha división xeográfica tradicional sen función administrativa ou carácter oficial, pero utilizada en varios contextos.
O uso máis común destas partes do país en contextos cotiás hoxe en día é probablemente nos informes meteorolóxicos.
Os nomes aparecen tamén en certas divisións de distrito, como por exemplo Mellersta Norrland e Övre Norrland, que nomean a dúas das chamadas áreas nacionais (riksområde) en contextos estatísticos.
Datos xeográficos A seguinte táboa fai referencia á distribución que ten sido xeralmente aceptada nos últimos séculos. RexiónPoboación (2021)Poboación (%)Área (km²), incluídos lagos e cursos de augaÁrea (%)Número de provinciasProvinciasGötaland4 995 76447,897 84121,710Escania, Blekinge, Halland, Småland, Öland, Gotland, Östergötland, Västergötland, Dalsland e BohuslänSvealand4 268 50440,891 09820,26Södermanland, Uppland, Västmanland, Närke, Värmland, e DalarnaNorrland1 188 03111,4261 29258,09Gästrikland, Hälsingland, Härjedalen, Jämtland, Medelpad, Ångermanland, Västerbotten, Norrbotten e Lappland
Notas
Categoría:Subdivisións de Suecia