Schengen (pronunciado [ˈʃeŋən]) é unha pequena localidade produtora de viño e unha comuna situada no sueste de Luxemburgo, na marxe occidental do río Mosela, reto do punto onde se reúnen as fronteiras de Alemaña, Francia e Luxemburgo. Dentro do mesmo municipio atópanse as cidades de Remerschen e Wintrange. Segundo datos de 2005, na cidade vivían 1.527 veciños nunha superficie de 10,63 km². Despois das fusións con Burmerange e Wellenstein en 2011, a comuna pasou a ter unha poboación de 4.223 habitantes e unha superficie no seu conxunto que abrangue 31,42 km².

A cidade fíxose famosa porque foi alí onde se asinou o Acordo de Schengen o 14 de xuño de 1985. O concello, situado na localidade de Remerschen, decidiu o 18 de xaneiro de 2006 cambiar o nome do municipio ao de Schengen, entrando en vigor o cambio de nome o 3 de setembro de 2006.

Historia O castelo de Schengen data de 1390, na Baixa Idade Media, pero foi case completamente reconstruído no século XIX."Das Schloss von Schengen" , Schengen a.s.b.l. (en alemán). Consultado o 27 de marzo de 2011.

Lugares poboados A comuna componse das seguintes aldeas:

Schengen Sector: Remerschen Schengen Wintrange

Burmerange Sector: Burmerange Elvange Emerange Froumillen Weidemillen

Wellenstein Sector: Bech-Kleinmacher Schwebsange Wellenstein

Museo europeo O Museo europeo abriuse o 13 de xuño de 2010, 25 anos despois da sinatura do Tratado de Schengen, no edificio 'Centre européen'.

A exposición permanente e trilingüe sobre a historia e a importancia dos Acordos de Schengen, nos 200 m2 de espazo expositivo, mostra aos visitantes a eliminación do control das persoas nas fronteiras interiores, posta en práctica como unha das catro liberdades europeas fundamentais no Tratado de Roma de 1957. A sinatura do Acordo está documentada con fotos históricas e imaxes de vídeo e son, así como as declaracións dos implicados nese momento.

Irmandamento* Schengen está irmandado con:

Ischgl, Austria

Notas

Véxase tamén

Acordo de Schengen Espazo Schengen Ligazóns externas Schengen-Tourist Sitio web oficial de Turismo.

Categoría:Vilas de Luxemburgo