Cygnus é o nome dun cargueiro espacial non tripulado desenvolvido por Orbital Sciences Corporation e posteriormente fabricado por Northrop Grumman.
Características As naves Cygnus foron desenvolvidas orixinalmente por Orbital Sciences Corporation para levar carga á Estación Espacial Internacional baixo o programa COTS da NASA para promover a comercialización do transporte espacial. As naves Cygnus están formadas por dúas seccións: un módulo de servizo e un módulo presurizado. O módulo de servizo contén o sistema de propulsión e enerxía e usa un par de paneis solares. O módulo presurizado está baseado no módulo multipropósito italiano MPLM usado nalgunhas misións dos transbordadores espaciais.
Hai dúas versións da nave Cygnus: a orixinal, máis curta, era capaz de levar ata 2000 kg de carga á ISS e usaba paneis solares rectangulares; e a mellorada, máis longa e con maior capacidade de carga, ata 2700 kg, con paneis solares circulares e introducida a partir da quinta misión. As naves Cygnus foron deseñadas para ser lanzadas mediante foguetes Antares, pero despois da explosión dun dos foguetes, algunha das Cygnus foi lanzada mediante Atlas V ata que se solucionaron os problemas cos foguetes Antares.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasCygnus D118 de setembro de 2013Antares 110ÉxitoCygnus CRS-19 de xaneiro de 2014Antares 120ÉxitoCygnus CRS-213 de xullo de 2014Antares 120ÉxitoCygnus CRS-328 de outubro de 2014Antares 130Fallo. Explosión do foguete aos poucos segundos do lanzamento por fallo dos motores.Cygnus CRS-46 de decembro de 2015Atlas 5ÉxitoCygnus CRS-518 de outubro de 2016Antares 230ÉxitoCygnus CRS-623 de marzo de 2016Atlas 5ÉxitoCygnus CRS-718 de abril de 2017Atlas 5ÉxitoCygnus CRS-812 de novembro de 2017Antares 230ÉxitoCygnus CRS-921 de maio de 2018Antares 230ÉxitoCygnus CRS-1017 de novembro de 2018Antares 230ÉxitoCygnus CRS-1117 de abril de 2019Antares 230ÉxitoCygnus CRS-122 de novembro de 2019Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-1315 de febreiro de 2020Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-143 de outubro de 2020Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-1520 de febreiro de 2021Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-1610 de agosto de 2021Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-1719 de febreiro de 2022Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-187 de novembro de 2022Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-192 de agosto de 2023Antares 230+ÉxitoCygnus CRS-2030 de xaneiro de 2024Falcon 9ÉxitoCygnus CRS-214 de agosto de 2024Falcon 9ÉxitoCygnus CRS-2314 de setembro de 2025Falcon 9Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Antares (foguete espacial) Atlas 5 Falcon 9
Categoría:Satélites artificiais