Pol Bueso Paradís, nado en Moncofa (Castelló) o 27 de abril de 1985, é un futbolista español. Xoga normalmente de central, aínda que tamén pode ocupar a posición de lateral esquerdo. Actualmente xoga no CD Arenteiro.
Traxectoria Pol Bueso Paradís formouse nas categorías inferiores do CD Castelló: xogou no equipo filial CD Castelló B en Terceira División a tempada 2005/06. Debutou co primeiro equipo o 5 de setembro de 2007 en partido da Copa do Rei ante o Albacete Balompié. Esa mesma tempada foille cedido en marzo de 2008 á AD Ceuta en Segunda División B coa que logrou anotar un gol e clasificarse para a promoción de ascenso a Segunda División de España.
En xullo de 2008 regresou ao CD Castelló para formar parte do cadro principal, aínda que non foi titular nas dúas seguintes campañas en Segunda división. En cambio, tras o descenso a Segunda división B, Pol foi o único xogador que continuou no equipo na tempada 2010/11, e pasou a ser o primeiro capitán. Alí consolidouse no once titular, formando parella no eixo da defensa con Joan Castelo.
Bueso despois pasou a xogar no filial do Valencia, o Valencia Mestalla, na tempada 2011/12, e despois na UD Salamanca (2012/13), ambos os dous na que daquela era a categoría de bronce. En xaneiro de 2015 marchou ao Club Gimnàstic de Tarragona como reforzo do mercado de inverno. Ao final da tempada, en agosto de 2015, asinou co UCAM Murcia co que ascendeu a Segunda División tras vencer a dobre partido o Real Madrid Castilla. Así conseguiu ademais o título de campión de Segunda División B da campaña 2015/16 ao imporse ao Reus Deportiu na final.
No verán de 2016 o xogador recalou no Hércules, onde permaneceu por tres campañas, ata que na tempada 20/21 asinou polo Pontevedra do grupo segundo de Segunda División B. Na seguinte tempada pasou ao Arenteiro, onde xogou en Segunda Federación e na Copa do Rei (incluíndo unha eliminatoria contra o Atlético de Madrid xogada en Espiñedo. En xaneiro de 2023, durante un partido co Guijuelo, esvaeu e perdeu o coñecemento logo de darlle unha cabezada ao balón.
Clubs Actualizado ao remate da tempada 20/21. ClubTemporadaLigaCopaTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesCD Castellón B2005/06––——––2006/07170——1702007/08250——250Total420——420CD Castellón2007/08301040AD Ceuta2007/0881——81CD Castellón2008/09150301802009/10200102102010/1126010270Total61050660V. Mestalla2011/12230——230UD Salamanca2012/13340——341Albacete Balompié2013/14380103902014/157030100Total45040490Gimnàstic de Tarragona2014/15700070UCAM Murcia2015/1623020250Hércules2016/17331403712017/18190001902018/1910000100Total62140661Pontevedra CF2019/20160101702020/21602080Total22030250Arenteiro2021/220000002022/23000000Total000000Total carreira2092702162
Palmarés Albacete Segunda División B (1): 2013/14.
Gimnàstic Segunda División B (1): 2014/15.
UCAM Murcia Segunda División B (1): 2015/16.
Arenteiro Segunda División RFEF (1): 2022/23.
Notas
Categoría:Nados en 1985
Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do AD Ceuta Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Nados na provincia de Castelló Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Personalidades sen imaxes