miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Salvador, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Salvador ratificou a convención o 8 de outubro de 1991, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

O sitio Joya de Cerén foi o primeiro lugar do Salvador incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 17ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Cartaxena de Indias (Colombia) en 1993. É o único sitio do Salvador declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: do Salvador Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

+ Patrimonio da Humanidade Nº Sitio Imaxe Localización (departamento) Ano de inclusión Descrición01Sitio arqueolóxico de Joya de Cerén150pxLa Libertad1993 III, IV (cultural)Joya de Cerén foi unha comunidade agrícola prehispánica que, como Pompeia e Herculano en Italia, foi sepultada baixo unha erupción do volcán Laguna Caldera c. 600 d.C. Debido ao excepcional estado dos restos, estes proporcionan unha visión da vida cotiá das poboacións centroamericanas que traballaban a terra naquela época. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. Ata 2023, O Salvador incluíu seis bens na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (departamento) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Golfo de Fonseca150pxDepartamento de La Unión1992(mixto)Cara Sucia / El Imposible150pxDepartamento de Ahuachapán1992(mixto) Chalchuapa150pxDepartamento de Santa Ana1992II, III (cultural)Ciudad Vieja / La Bermuda150pxDepartamento de Cuscatlán1992(cultural)}Lago Güija150pxDepartamento de Santa Ana1992(mixto)}CacaoperaDepartamento de Morazán1992III, IV (cultural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país