miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade nas Illas Salomón, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. As Illas Salomón ratificaron a convención o 10 de xuño de 1992, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

O sitio Rennell Oriental foi o primeiro lugar das Illas Salomón incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 22ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Kyoto (o Xapón) en 1998. É o único sitio das Illas Salomón declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación natural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: das Illas Salomón Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Rennell Oriental200px| Rennell e Bellona 1998 854; IX (natural) Rennell oriental constitúe o terzo sur da illa Rennell, a illa máis meridional do grupo de illas Salomón no Pacífico occidental. Rennell, con 86 km de longo x 15 km de ancho, é o atol de coral elevado máis grande do mundo. O sitio inclúe aproximadamente 37.000 ha e unha área mariña que se estende 5´55 km ata o mar. Unha característica importante da illa é o lago Tegano, que foi a antiga lagoa do atol. O lago, o máis grande do Pacífico insular (15.500 ha), é salobre e contén moitas illas calcarias escarpadas e especies endémicas. Rennell está cuberto principalmente por un denso bosque, cunha copa de 20 m de altura media. Combinado cos fortes efectos climáticos dos frecuentes ciclóns, o sitio é un verdadeiro laboratorio natural para o estudo científico. O sitio está baixo propiedade e xestión consuetudinaria da terra. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa estaba incluído na lista provisional. En 2023, as Illas Salomón incluíron dous bens na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (provincia) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Complexo de Marovo - Tetepare150px|alt=Unha imaxe da praia da Lagoa de MarovoOccidental2008III, V, VI, VII, VIII, IX, X (mixto)Patrimonio da selva tropical das Illas Salomón150px|alt=Unha imaxe da Canle Sunlight con Mbanika á esquerda, Pavuvu á dereita e a enseada de Tillotson na parte superior esquerda.Choiseul, Guadalcanal, Makira-Ulawa, Occidental2008VII, IX, X (natural)

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Rennell Patrimonio da Humanidade por país

Categoría:Patrimonio da Humanidade nas Illas Salomón