O Dal (Dalälven en sueco) é un río no centro de Suecia que se forma pola confluencia do Västerdalälven e o Österdalälven en Djurås, no condado de Dalarna, e desemboca no golfo de Botnia en Skutskär. O Dal é o segundo río máis longo do país, ten 41 centrais hidroeléctricas na súa conca, e no pasado foi unha importante vía fluvial.

Xeografía As fontes máis setentrionais do río Dal atópanse na zona ao redor do Stor-Våndsjön, un lago que se atopa entre Suecia e Noruega na esquina máis ao norte de Dalarna. O río ten 541 km de longo dende alí ata o mar facendo do Dal o segundo máis longo de Suecia. O Västerdalälven e Österdalälven únense para formar o Dalälven en Djurås, no concello de Gagnef. O caudal medio na desembocadura do río é de 379 m³/s, cun valor máximo de 2 450 m³/s e un mínimo de 40 m³/s. A súa conca fluvial ten unha superficie de 28 954 km².

Notas

Categoría:Ríos de Suecia