Agatha Christie e a verdade do crime (en ) é un filme británico de 2018 dirixido por Terry Loane. Conta a historia da escritora Agatha Christie que se ve envolta nun caso de asasinato na vida real durante a súa desaparición de 11 días en 1926. Escrito por Tom Dalton, representa a Christie investigando o asasinato da afillada de Florence Nightingale, Florence Nightingale Shore, que se basea en persoas e acontecementos reais, e como a súa implicación neste caso influíu na súa escritura posterior.
O filme estreouse en Channel 5 no Reino Unido o 23 de decembro de 2018, converténdose no programa máis popular da cadea durante o período de Nadal e no segundo programa de ficción mellor valorado do ano. Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2023 a través da TVG.
Personaxes
Dean Andrews como Wade Miller Ruth Bradley como Agatha Christie Bebe Cave como Daphne Miller Amelia Rose Dell como Rosalind Richard Doubleday como Postmaster Wilson Derek Halligan como Mr Todd Blake Harrison como Travis Pickford Pippa Haywood como Mabel Rogers Stacha Hicks como Florence Nightingale Shore Ralph Ineson como Detective Inspector Dicks Brian McCardie como Sir Hugh Persimmion Michael McElhatton como Sir Arthur Conan Doyle Tim McInnerny como Randolph Clare McMahon como Carlo Liam McMahon como Archibald Christie Seamus O'Hara como PC Spencer Luke Pierre como Zaki Hanachi Joshua Silver como Franklin Rose Samantha Spiro como Pamela Rose
Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes ambientados en 1926 Categoría:Filmes biográficos sobre escritores Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego