Eurostopodus argus é unha especie de ave da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, subfamilia dos eurostopodinos, unha das cinco integradas no xénero Eurostopodus.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1892 polo zoólogo alemán especializado en ornitoloxía Ernst Hartert.Eurostopodus argus Hartert, 1892 no GBIF. Consultado o 17 de xaneiro de 2023.Eurostopodus argus Hartert, 1892 na BioLib. Consultada o 17 de xaneiro de 2023.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Eurostopus argus Hartert, 1892 Eurostopodus guttatus gilberti Deignan, 1950 Eurostopodus argus harterti Mathews, 1912 Caprimulgus argus Rosenberg, 1867
Características Eurostopodus argus é un dos caprimúlxidos máis grandes e coloridos, con patróns intricados con abundancia de manchas e pencas, permítenlle a esta especie mimetizarse perfectamente en solos avermellados, con vexetación, ou marróns cando se encontran en lugares rochosos parcialmente cubertos de follas, ramas e paus.Morcombe, M. (2003): Field guide to Australian birds. Archerfield, Queensland. Steve Parish Publishing Pty Ltd. ISBN 1-7402-1564-8.
Na ave adulta en voo é posíbel observar grandes manchas brancas en catro das plumas primarias exteriores.
Miden entre 25 a 28 cm de longo. Os machos pesan entre 81 e 132 g, mentres que as femias son algo máis pequenas e pesan de 74 a 123 g. A envergadura é de 20,5 a 23,9 cm, medindo a cola uns 15 cm de longo, e o pico entre 1,5 e 2,5 cm. O pico é de cor de parda clara a anegrada, ocasionalmente máis claro cerca da comisura da mandíbula inferior. O iris é marrón; e as patas tamén son marróns coas garras máis escuras.Schodde, R., & Mason, I. J. (1980):3 Nocturnal birds of Australia. Melbourne: Lansdowne Editions. ISBN 978-0-7018-1040-5.
Distribución e hábitat Eurostopodus argus encóntrase en gran parte de Australia, salvo na costa leste, e pasa o inverno nas illas menores da Sonda e as illas Aru (Indonesia).
Os seus hábitats naturais son os bosques abertos, zonas de arbustos e matogueiras, sabana e mangleirais.Cleere, N. (2010): Nightjars: A Guide to Nightjars and related birds. A&C Black. ISBN 1-8734-0348-8.
Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais Eurostopodus argus ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da área de distribución, e a tendencia da súa poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se acerca aos limiares de vulnerábel de acordo co criterio de tendencia da poboación e, aínda que se cuantificou o tamaño da poboación, non se cre que se acerque aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estas razóns, o status da especie se avalíase como de LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Eurostopodus argus na Lista vermella da UICN. Consultada o 17 de xaneiro de 2023.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cleere, Nigel & Nurney, David (1998): Nightjars: A Guide to the Nightjars, Frogmouths, Potoos, Oilbird and Owlet-nightjars of the World. Londres: Christopher Helm. ISBN 1-8734-0348-8. Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr (1988): "A classification of living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423. (Texto completo).
Outros artigos Caprimulxiformes Eurostopodinos Eurostopodus
Categoría:Caprimulxiformes Categoría:Aves de Australia Categoría:Animais descritos en 1892