Lamprima aurata é unha especie de escaravello da familia dos lucánidos nativa de Australia.
Descrición
É un escaravello cun corpo oval e brillante. Mide de 15 a 25 mm de longo. A súa coloración é bastante variable, polo que recibiu distintas denominacións por varios autores.C.A.M. Reid, K. Smith, M. Beatson (2018) Revision of the Genus Lamprima Latreille, 1804 (Coleoptera: Lucanidae). Zootaxa. 4446(2); 151–202. doi:10.11646/zootaxa.4446.2.1 A cor dos machos é característicamente verde dourada metálica ou amarela con patas moi coloridas, mentres que as femias poden ser azuis, verde azuladas ou marróns apagadas. As femias son menores que os machos. Os machos teñen grandes mandíbulas prolongadas cara a adiante usadas para loitar.
Distribución e hábitat
L. aurata é nativa de Australia e pode encontrarse en Tasmania e sueste da Australia continental, principalmente en Victoria, en bosques secos esclerófilos.
Das cinco especies do xénero Lamprima só dúas viven na Australia continental: L. aurata e a moi relacionada L. imberbis, que vive no noroeste de Nova Gales do Sur.
Bioloxía
As larvas son sapro-xilofagas e pasan dous anos alimentándose de troncos podres. Os adultos son voadores de vida libre e móvense activamente polo chan durante o día e beben o néctar das flores, especialmente de eucaliptos. Os machos poden encontrarse situados sobre troncos podres, defendendo o seu teritorio.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas L. aurata en CSIRO
Categoría:Scarabaeiformia Categoría:Animais descritos en 1817