Olegario Ramón Fernández, nado en Peranzais o 14 de setembro de 1970, é un político berciano, alcalde de Ponferrada dende o 15 de xuño de 2019 ata o 17 de xuño de 2023. Dende o 17 de xullo de 2023 é presidente do Consello Comarcal do Bierzo.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de León tras entrar como funcionario na administración de xustiza destinárono a Cataluña, Madrid e Ávila, ata finalmente aveciñarse en Ponferrada. Nas eleccións municipais de 2015 foi o número dous da candidatura socialista en Ponferrada e entrou no concello.

Dende xaneiro de 2018 é o secretario xeral da agrupación socialista de Ponferrada. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura socialista en Ponferrada, que foi a máis votada e logo dun acordo de goberno con Podemos e Coalición por El Bierzo tomou posesión como alcalde o 15 de xuño de 2019. Logo das eleccións de maio do 2023, e por un pacto entre Partido Popular, Coalición por el Bierzo e Vox, perdeu a alcaldía e foi nomeado voceiro da oposición.

Notas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Peranzais Categoría:Alcaldes de Ponferrada Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de León