Neorrhina punctata é unha especie de escaravello australiano da familia dos escarabeidos, subfamilia Cetoniinae, tribo Schizorhinini. Ten vivas cores, vive en zonas boscosas ou urbanas, come nectar de eucalipto ou Angophora e voa cos élitros pechados, o cal é moi peculiar entre os escaravellos. As larvas viven en troncos podres ou materia vexetal en descomposición.
Este escaravello vive na Australia continental, desde Victoria, a Nova Gales do Sur e ata o norte de Queensland.
Tamén se coñece por outros nomes científicos sinónimos, pero que hoxe son obsoletos ou estaban mal escritos (lapsus): Cetonia punctatum (lapsus) Cetonia punctata Donovan, 1805 Neorrhina punctatum (lapsus) Polystigma punctatum (lapsus) Polystigma punctata (Donovan, 1805)
Notas
Categoría:Scarabaeiformia Categoría:Animais descritos en 1805