Henry Bergh, nado en Nova York o 29 de agosto de 1813 e finado ibídem o 12 de marzo de 1888, foi un empresario e filántropo estadounidense que destacou na loita contra os tratos crueis, ás veces impostos aos animais.
Traxectoria esquerda|miniatura|Mr. Bergh to the rescue, caricatura de charge, feita por Thomas Nast e publicada no Harper's Weekly o 19 de agosto de 1871. Representa un gorila que se queixa de que Charles Darwin afirmou ser o seu descendente, o que provocou que Henry Bergh, fundador da ASPCA, acuse a Darwin de maltrato animal.
Formación Fllo dun destacado construtor naval, asistiu á Universidade de Columbia e traballou co seu pai na industria do transporte marítimo.
Carreira En 1863 foi nomeado para un posto diplomático na corte rusa do tsar Alexandre II. Nese momento, comezou o seu traballo para esclarecer a inhumanidade do home no trato cos animais.
En Londres coñeceu a Royal Society of England for the Prevention of Cruelty to Animals, creada en 1824 e a primeira entidade deste tipo no mundo.A RSPCA - página visitada em 3 de junho de 2012
Animado polo éxito da súa "Declaración dos Dereitos dos Animais", Bergh propuxo á Lexislatura do Estado de Nova York recoñecer á Sociedade Americana para a Prevención da Crueldade contra os Animais (ASPCA) que tivo lugar o 10 de abril de 1866. Nove días despois, aprobouse unha lei contra a crueldade e a ASPCA recibiu o poder policial para aplicala.
Últimos anos Até 1888, ano da morte de Bergh, a idea de que os animais debían ser protexidos da crueldade tocara as conciencias estadounidenses. En todo o país xurdiron sociedades cos mesmos obxectivos, seguindo o exemplo de Nova York, como en Buffalo, Boston e San Francisco. Durante os próximos anos, 37 estados da unión promulgaran leis contra a crueldade.
Foi enterrado no cemiterio de Green-Wood.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial da ASPCA - Sociedade Americana para a Prevención da Crueldade contra os Animais
Categoría:Filántropos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1888 Categoría:Nados en 1813 Categoría:Nados en Nova York