Platypsyllus castoris é unha especie de escaravello ectoparasito que só se encontra na súa única especie hóspede, o castor, e é o único membro do xénero Platypsyllus. Por esta razón, na literatura recibe o nome de escaravello do castor. É un escaravello aplanado e sen ollos, que lembra a unha pulga ou carracha. Adoitábase situalo nunha familia separada, pero agora está situado na familia Leiodidae, subfamilia Platypsyllinae.

Descrición

Ten varias modificacións para axeitarse ao seu modo de vida ectoparasito. Lembra unha pulga ou piollo no seu aspecto. Mide 1,9-2,2 mm de lonxitude.Beetles of Eastern North America. Arthur V. Evans. 2014. Princeton University Press. Non ten ás nin ollos e as súas antenas teñen forma de maza con antenómeros numerados do 3 ao 11 acurtados, compactados globularmente, e parcialmente encerrados nun antenómero con forma de pa. As larvas son tamén ectoparasitas dos castores e teñen ganchos nos tres segmentos torácicos que lles permiten pendurarse do seu hóspede.

Distribución miniatura|Ilustración de 1888 O escaravello existe só no hemisferio norte (holártico) e está restrinxido a áreas nas cales se encontran castores: América do Norte, norte de Europa e norte de Asia.

Comportamento

Ademais do castor americano (Castor canadensis) e do castor de Eurasia (Castor fiber), o único outro hóspede no que se atopou algunha vez este escaravello foi unha londra de río norteamericana da especie Lontra canadensis, e isto ocorreu nunha soa ocasión, polo que non parece ser un hóspede habitual. Hipotetízase que esa londra puido coller o parasito ao entrar no refuxio do castor ou quizais matou un castor novo, algo que as londras se cre que fan algunhas veces. Encóntrase sobre todo no pescozo e cabeza do castor. Tanto os escaravellos adultos coma as larvas aliméntanse de tecido epidérmico e tamén probablemente de secrecións da pel e líquidos que zumegan das feridas. É posible que as larvas poidan ser tamén preeiras no refuxio do castor.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Beaver Beetles by David Moskowitz

Categoría:Staphyliniformia Categoría:Animais descritos en 1869