O Turku Hockey Club é un equipo de hóckey sobre xeo feminino da cidade de Turku, Finlandia. O equipo foi fundado en 2021 e na tempada 2022-23 compite na Naisten Suomi-sarja, a terceira categoría do hóckey sobre xeo finlandés. Xoga os seus partidos como local no Impivaaran jäähalli, un pavillón con capacidade para 300 persoas.
Historia O equipo foi fundado en 2021, contando inicialmente con xogadoras que en anos anteriores xogaran en TPS, TuTo ou UJK, así como xogadoras afeccionadas e outras procedentes do ringette. O equipo estreouse na tempada 2021-22, cando competiu na terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino do país nórdico, a Naisten Suomi-sarja.
O Turku HC comezou a súa segunda tempada, a 2022-23 na segunda categoría, a Naisten Mestis, mais logo de colleitar 15 derrotas noutros tantos partidos viuse relegado a xogar de novo a Naisten Suomi-sarja.
Pavillóns O Turku HC emprega distintas pistas de xeo da cidade de Turku para as súas actividades: o Impivaaran jäähalli, o Varissuon jäähalli, así como o Raision jäähalli, este último na localidade de Raisio.
O Impivaaran jäähalli, un estadio construído en 1981 e con capacidade para 1 200 persoas. O Varissuon jäähalli pola súa banda foi construído en 1984 e ten capacidade para 750 persoas. Finalmente o Raision jäähalli, construído en 2001, ten dúas pistas de xeo, a principal con capacidade para 450 persoas.
Personalidades Xogadoras Capitás Siiri Seppälä foi a primeira capitá do equipo na tempada inaugural do club.
Adestradores O encargado de dirixir o equipo na súa primeira tempada foi Kasperi Seppälä, quen permaneceu tan só unha tempada no equipo da antiga capital. Na tempada 2022-23 Jari Lempinen estaba á fronte do equipo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do HC Turku
Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia