miniatura|300x300px|Tenshō ōban cuñado en 1591. O ōban (大判) era unha moeda xaponesa de ouro con forma de placa ovoide, aparecida na segunda metade do século XVI. Foi a moeda de maior valor facial do sistema monetario Tokugawa, e estivo en uso ata 1862."Oban". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 135.

Historia Os primeiros ōban —coñecidos como Tenshō ōban (天正大判) por corresponderen á era Tenshō (1572-1592)—"Oban". En Münzen Lexikon. Reppa.de. foron cuñados pola familia Gotō baixo as ordes de Toyotomi Hideyoshi en 1588.Whitney Hall, J. (1991). Páxina 61.

Esta moeda tiña o peso e o valor de 10 ryō, o que a facía equivalente a 10 moedas-placa koban (小判), cun peso de 165 gramos. O seu tamaño era de arredor dos 17 centímetros pola súa parte máis longa.

Dado o seu elevado valor, o ōban non debeu xogar papel ningún na circulación monetaria ordinaria, e o seu uso limitaríase ao ambiente dos señores feudais e da nobreza cortesá, a modo de peza de ostentanción, agasallo ou ofrenda. É frecuente que apareza con inscricións en tinta chinesa relativas ao seu valor e coa sinatura do responsable da ceca, en tanto que con punzóns se gravaba a marca de ceca, a data e a lei da aliaxe, así como o emblema imperial.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2009). Gold Coins of the World. From ancient times to the present. 8ª ed. The Coin and Currency Institute, Cliftyon (Nova Jersey). ISBN 9780671843081 Whitney Hall, J. (1991). The Cambridge History of Japan: Early modern Japan. Vol. 4. Cambridge University Press. ISBN 0521223555

Outros artigos

Moeda Tokugawa

Categoría:Moedas do Xapón Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas fóra de curso