Marcos Méndez Moreira, nado en Lugo o 9 de xaneiro de 1976, é un xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra. Desde o ano 1998 traballa para distintos medios de comunicación nacionais e internacionais, inicialmente como redactor e desde o ano 2010 de maneira independente nos cinco continentes.

Traballou nas redaccións de Atlas (Telecinco) e Antena 3 en Galicia, TVE en Madrid, así como en TVG e Radio Galega. Entre outros traballos televisivos copresentou o concurso de telerrealidade Voga, Voga, Mariñeiro e dirixiu o programa Fórmula Sexta para La Sexta.

Como xornalista independente, traballa para distintos medios escritos e audiovisuais.

No ano 2000, tras cubrir as Olimpíadas de Sydney, informou sobre a inclusión da Muralla de Lugo na lista de Patrimonio da Humanidade para El Progreso de Lugo.

No ano 2021, o seu guión de longametraxe (Os) Anxos foi finalista do premio Daniel Domínguez de guión en galego, organizado pola Asociación Galega de Guionista e a Fundación SGAE.

A súa cobertura da guerra de Ucraína levouno a estar nese país durante 4 meses no ano 2022, labor que continúa no 2023, sendo o único xornalista en cubrir a guerra en galego. Entre outros medios cubriu a guerra para El Progreso, a TVG e Radio Galega, Telecinco, Cuatro, AIL ou Televisión Caracol de Colombia.

Os seus artigos para o grupo El Progreso, recollidos co título xenérico "Sobre o Terreo", publicáronse traducidos ao castelán en xornais como Diario de Navarra, Heraldo de Aragón, Última Hora de Baleares, Diario de Sevilla ou Diario de Léon. Por esta cobertura obtivo o premio da Asociación de Medios de Información no ano 2022.

Tralo ataque de Hamás do 7 de outubro de 2023 trasladouse a Oriente Medio onde informou dende a Palestina ocupada e Israel; dende Líbano cubríu os ataques de Israel entre 2024 e 2006; o derrocamento de Bashat Al-Ásad en Siria, ou a crise do estreito de Ormuz tralos ataques de Israel e EEUU a Irán.

Premios Lucense do ano 2022 Premio da Asociación de Medios de Información 2022 XIX Premio José Couso pola liberadade de prensa 2023 do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol.

Notas

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra