A Casa Farnsworth é unha casa deseñada e construída por Ludwig Mies van der Rohe entre 1945 e 1951.

É unha casa de fin de semana, cunha soa habitación, no que daquela era unha zona rural. Atópase a 89 km ao suroeste do centro da cidade de Chicago, nunha granxa de 24 hectáreas xunto ao río Fox, ao sur da cidade de Plano, Illinois . A casa de metal e vidro encargouna a doutora Edith Farnsworth, destacada especialista en nefroloxía, como un lugar onde podía dedicar tempo ás súas afeccións: tocar o violín, traducir poesía e gozar da natureza.

Mies creou unha estrutura de 140 m² que é amplamente recoñecida como un exemplo do estilo internacional de arquitectura. En 2006, o edificio foi designado como Monumento Histórico Nacional despois de ser engadido ao Rexistro Nacional de Edificios Históricos en 2004. Hoxe, a casa funciona como un museo e está xestionada polo National Trust for Historic Preservation.

Na celebración do Bicentenario de Illinois de 2018, a Casa Farnsworth foi seleccionada para a lista de Illinois 200 Great Places polo Instituto Americano de Arquitectos. Tamén foi recoñecido pola revista de viaxes USA Today como un dos 25 lugares que hai que ver en Illinois.

A arquitectura como expresión da época esquerda|miniatura|Fachada da casa Farsnworth A Casa Farnsworth aborda cuestións básicas sobre a relación do individuo coa sociedade, sobre a era de produción industrial en masa e o rápido desenvolvemento tecnolóxico. Mies quixo utilizar a arquitectura como ferramenta para conciliar o espírito individual coa nova sociedade de masas na que existe o individuo.

Dende o seu punto de vista, os inconvenientes da tecnoloxía denunciados polos críticos de finais do século XIX, como John Ruskin, poderíase resolver coa creatividade humana.

Mies dixo: "Deberíamos tentar levar a natureza, as casas e o ser humano a unha unidade superior". As paredes de vidro e o espazo interior aberto son as características que crean unha intensa conexión co exterior, ao tempo que proporciona un marco que minimiza as paredes exteriores opacas. O coidado deseño do edificio e a integración co exterior representan o esforzo por conseguir unha arquitectura unida ao seu medio natural.

Mies concibiu o edificio como un abrigo arquitectónico interior-exterior, á vez independente e entrelazado co dominio da natureza. Non construíu na parte alta da propiedade, libre de enchentes, senón que construíu directamente en terreos inundables, á beira do río. Philip Johnson referiuse a este tipo de experiencia da natureza como "certo perigo". O espazo pechado e o pórtico cuberto érguense cinco pés sobre unha plataforma elevada, lixeiramente por riba do nivel de inundación dos últimos 100 anos, cunha gran terraza a un nivel intermedio.

Os niveis da plataforma reafirman os distintos niveis da construción, dun xeito semellante aos balcóns e rochas horizontais da Casa da Cascada de Frank Lloyd Wright .

Críticas O deseño do edificio recibiu eloxios na prensa arquitectónica, o que provocou a chegada de moitos visitantes non convidados que invadían a propiedade para gozar do edificio de Mies. A casa de fin de semana converteuse nun pararraios para as publicacións antimodernas, exemplificado na edición de abril de 1953 da publicación House Beautiful, que a describiu como "un esforzo de inspiración comunista" para substituír os estilos tradicionais dos Estados Unidos. As grandes superficies de cristal, as cubertas planas, a falta de ornamentación e a falta de calidez e confort tradicional foron as características do Estilo Internacional que máis se viron atacadas.

A baixa eficiencia da Casa Farnsworth tamén foi amplamente discutida. A propia Farnsworth expresou consternación pola falta de control da temperatura da casa e a tendencia a atraer insectos cando se ilumina pola noite.

Non obstante, a Casa Farnsworth continuou recibindo grandes aclamacións como obra mestra do estilo modernista, e Mies recibiu a Medalla da Liberdade presidencial pola súa contribución á arquitectura e á cultura estadounidenses. O destacado arquitecto e crítico Philip Johnson inspirouse no deseño, deseño e construción da súa propia Glass House, en New Canaan, Connecticut, en 1947, como residencia persoal. No século XXI os críticos de arquitectura Paul Goldberger e Blair Kamin, gañadores do Premio Pultizer, declararon á casa unha obra mestra da arquitectura moderna.

Mark Wigley, teórico da arquitectura neozelandés, sostén que certos aspectos do movemento posmoderno da arquitectura derivado do movemento moderno e de certos aspectos da Bauhaus, especialmente da estandarización impulsada por Mies van der Rohe é un virus que chegou a danar o planeta coa idea sinxela do "bo deseño", que acabou por se converter nunha maquinaria que se estendeu polo mundo como unha pandemia de ángulos rectos de vidro e aceiro A casa na cultura popular Na película Batman vs Superman: Dawn of Justice, de 2016, mostrouse unha casa inspirada na Farnsworth. O filme de seguimento Justice League tamén mostrou a mesma casa no tráiler estreado na Comic-Con de San Diego.

En xaneiro de 2019, o escritor e director Richard Press e a distribuidora HanWay Films anunciaron o proxecto cinematográfico Farnsworth House, protagonizado por Maggie Gyllenhaal como Dr. Edith Farnsworth e Ralph Fiennes como Ludwig Mies van der Rohe.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bauhaus New Bauhaus Estilo internacional Arquitectura moderna estadounidense

Categoría:Arquitectura dos Estados Unidos de América