Luisa Martínez Lorenzo, nada en Ceuta en 1970, é unha bióloga e escritora galega.
Traxectoria En 1994 licenciouse en Ciencias do Mar pola Universidade das Palmas de Gran Canaria e en 2002 doutorouse pola Universidade de Vigo coa tese Aplicación de modelos bio-ópticos al cálculo de la producción primaria en distintas regiones oceanográficas: Antártida, frente subtropical (región de Azores) y afloramiento de Galicia, dirixida por Francisco Gómez Figueiras. En 2007 redirixiu a súa carreira cara á divulgación científica como responsable da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia. Dende 2019 dirixe a colección de divulgación científica Lanterna de Aristóteles.
Obras Puf! vaia peido! Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes, 2018.
Obras colectivas A ciencia do mexillón. Ciencias e tecnoloxías mariñas implicadas no cultivo, trasformación e comercialización do mexillón (Mytilus galloprovincialis), 2010. Que teñen que ver as vacas co cambio climático?, 2022.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no CSIC Ficha en Editorial Galaxia
Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes