The Garden é unha banda estadounidense de rock experimental procedente de Orange County, California, e formada no ano 2011 polos irmáns xemelgos Wyatt e Fletcher Shears. O dúo editou o seu álbum de estrea, The Life and Times of a Paperclip, en 2013, seguido por varios pequenos lanzamentos. En 2015 o grupo lanzou o seu segundo álbum de estudio, haha, xunto co seu sinxelo principal "All Smiles Over Here :)" con boas críticas antes de fichar por Epitaph Records. O seu terceiroo álbum, Mirror Might Steal Your Charm, apareceu en marzo de 2018, e o cuarto, Kiss My Super Bowl Ring, en marzo de 2020. O seu último traballo ata a data, Horseshit on Route 66, foi editado en setembro de 2022.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloThe Life and Times of a Paperclip2013Burger Recordshaha2015Epitaph Records, Burger RecordsMirror Might Steal Your Charm2018Epitaph Records, Burger RecordsKiss My Super Bowl Ring2020Epitaph RecordsHorseshit on Route 662022autoeditado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Orange, California Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de art punk Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais formados en 2011