Suspiria é un filme italo-estadounidense de 2018 dirixido por Luca Guadagnino e cun guión de David Kajganich, inspirado polo filme homónimo de 1977 de Dario Argento. Está protagonizado por Dakota Johnson no papel dunha muller estadounidense que se matricula nunha prestixiosa academia de danza de Berlín dirixida por un aquelarre de bruxas. Tilda Swinton coprotagoniza tres papeis, como a coreógrafa principal da compañía, como un psicoterapeuta masculino implicado na academia e como a líder do aquelarre das bruxas. Mia Goth, Elena Fokina e Chloë Grace Moretz aparecen nos papeis secundarios como estudantes, mentres que Angela Winkler, Ingrid Caven, Sylvie Testud, Renée Soutendijk e Christine LeBoutte interpretan algúns membros da academia. Jessica Harper, que foi a protagonista no filme orixinal, fai un cameo no filme.
Estreouse en galego o 22 de febreiro de 2023 a través da TVG.
Personaxes
Dakota Johnson como Susanna "Susie" Bannion / Mother Suspiriorum Tilda Swinton como Madame Blanc / Mother Helena Markos / Dr. Josef Klemperer (acreditado como Lutz Ebersdorf) Mia Goth como Sara Simms Angela Winkler como Miss Tanner Ingrid Caven como Miss Vendegast Elena Fokina como Olga Ivanova Sylvie Testud como Miss Griffith Renée Soutendijk como Miss Huller Christine LeBoutte como Miss Balfour Małgosia Bela como Mrs. Bannion / Death Fabrizia Sacchi como Pavla Jessica Harper como Anke Meier Chloë Grace Moretz como Patricia "Pat" Hingle Jessica Batut como Miss Mandel Alek Wek como Miss Millius Vincenza Modica como Miss Marks Vanda Capriolo como Alberta Brigitte Cuvelier como Miss Kaplitt Gala Moody como Caroline Anne-Lise Brevers como Sonia Sara Sguotti como Doll Halla Thordardottir como Mascia Olivia Ancona como Marketa Clementine Houdart como Miss Boutaher Doris Hick como Frau Sesame Mikael Olsson como Axente Glockner Fred Kelemen como Axente Albrecht
Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Luca Guadagnino Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes rodados en Berlín Categoría:Filmes ambientados en 1977 Categoría:Filmes ambientados en Berlín Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego