Elaine Marie Catherine Fried, coñecida como Elaine de Kooning, nada en Brooklyn o 12 marzo de 1918 e finada en Southampton o 1 de febreiro de 1989, foi unha pintora e escultora estadounidense, expoñente do expresionismo e expresionismo abstracto.ULAN Full Record Display (Getty Research)

Traxectoria

Primeiros anos Foi a maior de catro fillos de Charles Frank Fried e Marie Ellen O'Brien, creceu no barrio de Sheepshead Bay en Brooklyn. A súa sensibilidade artística foi fomentada pola súa nai, que a levaba ao Metropolitan Museum of Art e aos espectáculos de Broadway.

A finais da década de 1920, a súa nai foi trasladada a un centro psiquiátrico e Elaine fíxose cargo da súa irmá e dos seus dous irmáns máis pequenos.

Formación Despois de graduarse na Erasmus Hall High School e seguir estudos no Hunter College de Nova York, en 1937 asistiu á Escola de Arte Leonardo da Vinci en Hoboken, Nova Jersey. Durante este período, embarcouse en iniciativas políticas de esquerda, xunto co artista Milton Resnick, co que tivo unha relación. En 1938 continuou os seus estudos na American Artists School de Nova York e ingresou na Young Communists League. Para apoiar os seus estudos, traballou como modelo para artistas.

Carreira En decembro de 1943 casou co artista Willem de Kooning, adoptando o nome de casada Elaine de Kooning, que sería o seu nome artístico.

En 1948 pasou a ser editora da revista Art News, onde repasou as obras de artistas como Arshile Gorky, Hans Hofmann, Franz Kline, Mark Rothko ou Josef Albers.

En 1952 fixo a súa primeira exposición individual na Stable Gallery de Nova York.

En 1957, tras anos de matrimonio tumultuoso, feito de traizóns e problemas de alcoholismo, os dous cónxuxes separáronse, aínda que non se divorciaron legalmente.

En 1962 recibiu o encargo da Casa Branca de pintar un retrato do presidente John F. Kennedy, que se converteu nunha das súas obras máis importantes e coñecidas. Despois do asasinato do presidente, de Kooning deixou de pintar durante un ano.

Máis tarde seguiu unha carreira como profesora e deu conferencias na Universidade de Yale, no Pratt Institute, na Carnegie Mellon University, no Wagner College e na Universidade de Pensilvania, en Filadelfia, e na Parsons School of Design de Nova York e París. Grazas á gran cantidade de traballo, de Kooning decidiu deixar de beber definitivamente, e tamén convenceu ao seu marido, co que se reunira mentres tanto, para que asistise aos grupos de alcohólicos anónimos.

Durante a década de 1980, viaxou polo mundo continuando dando clases, en Exipto, Kenya, China, Xapón e varios países de Europa.

Pasamento Elaine de Koonig era unha grande fumadora. En 1987, o cancro obrigoulle a extirparse un pulmón. Morreu aos setenta anos en 1989.

Na cultura popular Foi interpretada por Janet Sheen na miniserie Kennedy de 1983.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Grace Glueck; Elaine de Kooning, Artist and Teacher, Dies at 68, New York Times obituary, 2 de febreiro de 1989 Paul Schimmel; Judith E Stein; Newport Harbor Art Museum, The Figurative Fifties: New York Figurative Expressionism (Newport Beach, California: Newport Harbor Art Museum; Nova York: Rizzoli, 1988); ISBN 0-8478-0942-0, ISBN 978-0-8478-0942-4, ISBN 0-917493-12-5, ISBN 978-0-917493-12-6 Lee Hall, Elaine and Bill, Portrait of a Marriage : The Lives of Willem and Elaine de Kooning, (Nova York, HarperCollins Pub.,1993.) ISBN 0-06-018305-5 Marika Herskovic, American Abstract and Figurative Expressionism: Style Is Timely Art Is Timeless (New York School Press, 2009); ISBN 978-0-9677994-2-1 pp. 72–75 Marika Herskovic, American Abstract Expressionism of the 1950s An Illustrated Survey, (New York School Press, 2003); ISBN 0-9677994-1-4; pp. 90–93 Marika Herskovic, New York School Abstract Expressionists Artists Choice by Artists, (New York School Press, 2000); ISBN 0-9677994-0-6; p.  8, 16, 25, 36, 102-105 The Spirit of Abstract Expressionism Selected Writings; ISBN 0-8076-1337-1 Edvard Lieber, Willem de Kooning: Reflections in the Studio, 2000, Harry N. Abrams, Inc.; ISBN 0-8109-4560-6

Categoría:Pintores expresionistas Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América