Aulo Xelio (en latín Aulus Gellius), nado circa 115 e finado en 180, foi un escritor romano en latín. Era natural de Roma e viaxou moito por Europa, especialmente en Grecia, e residiu durante un certo período en Atenas. A súa única obra que se conserva é As noites áticas, que escribiu en Atenas con extractos de escritores romanos e gregos e que contén información sobre historia, filosofía e filoloxía, nun total de 20 libros.

Traxectoria A única fonte documental sobre a vida de Xelio son detalles que menciona nos seus escritosWilliam Ramsay, article «A. Gellius», en: W. Smith, "Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology" 2, 1870, p. 235. Procedía dunha familia acomodada, probabelmente de orixe africana, aínda que debeu de nacer en Roma e alí pasou a súa infanciaLeofranc Holford-Strevens, "Aulus Gellius: an Antonine scholar and his achievement", 2003, p. 13–15. Estudou retórica con Tito Castricio e Sulpicio Apolinar, e filosofía con Calvisio Taure e Peregrino Proteo. Era amigo de Favorino, Herodes Ático e Marco Cornelio Frontón.

Regresou a Roma, onde foi pretor e dedicouse á xustiza, actuando en causas civís, mentres que no tempo libre prefería a literatura.

Non hai datos precisos sobre a data do seu nacemento nin do seu falecemento, pero puidemos localizalo a partir dos seus profesores e compañeiros. Polo tanto, pénsase que debeu ser contemporáneo dos emperadores Hadriano, Antonino Pío e Marco AurelioWilliam Ramsay, article «A. Gellius», en: W. Smith, "Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology" 2, 1870, p. 235.

Obra A súa única obra coñecida son as Noctes Atticae (en galego, Noites Áticas), así titulada porque comezou a escribilas durante as noites dun inverno que pasou na Ática e que rematou en RomaChisholm, Hugh. (1911). "Aulus Gellius". En Encyclopædia Britannica", 1911, Cambridge University Press. . Nesta obra, dividida en vinte libros, o autor recolle información sobre diferentes temas que chaman a súa atención: pódense atopar fábulas como a de Androcles, historia de Roma e Grecia, anécdotas e cuestións de gramática, xeometría e filosofía. . . Luciano Perelli, "Storia della letteratura latina", p. 332 O valor das Noites áticas reside na descrición da sociedade e dos intereses do seu tempo, e nas citas de obras perdidas de autores antigos.

A obra xa era moi valorada na Idade Media. A editio princeps publicouse en Roma en 1469 e publicouse amplamente en diferentes países durante o Renacemento. A primeira edición que comenta as Noites áticas é a do escritor Jakob Gronovius, publicada en Leiden en 1706.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Noites áticas, en Soño .

Categoría:Lingüistas de Italia Categoría:Nados no século II Categoría:finados en 180 Categoría:escritores en lingua latina