Buhos é un grupo de rock festivo fundado en Calafell (Baix Penedès, Cataluña) en 2005. Ten influencias doutros estilos, coma o reggae e o ska.
Historia
Primeira etapa (2007-2013) En 2007 editaron a súa primeira maqueta, Rebelión en la plaza. O grupo gañou popularidade tras gravaren un conxunto de cancións sobre o FC Barcelona para as emisoras de radio Ona FM e RAC1. Tamén publicaron cancións satíricas de actualidade para os programas APM e Zona zàpping, da Televisió de Catalunya.
Aínda na súa primeira etapa, Buhos animou todas as celebracións dos títulos conseguidos polo Barça con Pep Guardiola na plaça de Catalunya e no Arco de Triunfo. Durante os primeiros anos da súa carreira, nos concertos de Buhos soaban versións doutros grupos e cancións propias, entre elas «Nen dels 80» (con Gerard Quintana), «Messi» (primeira canción dedicada ao futbolista arxentino), «Birres i més Birres», «Estoy Quemao», «Botellón» e «Festa Major».
Segunda etapa (2014-presente) En 2014, cunha formación renovada, publicaron Natura salvatge, un disco cheo de cancións orixinais que marcarán o estilo desta nova etapa. Ademais de buscaren o baile e a festa, os novos temas son unha declaración da posición do grupo no mundo actual.
Co lanzamento deste disco percorreron escenarios como a primeira edición de Clownia, a Acampada Jove ou as Festes de la Mercè.
O 29 de marzo de 2016 saíu á venda Lluna plena, un traballo máis maduro que consolidou a Buhos como un dos grupos referentes da música mestiza catalá. Presentaron o disco en Clownia na verbena de Sant Joan. Despois de todo un verán de concertos, recibiron o premio Disc Català de l'Any de Ràdio 4 e o premio Enderrock ao mellor videoclip por «Barcelona s'il·lumina». En decembro fixeron a canción de Nadal de 2016 de TV3 e Catalunya Ràdio, «Campanes de benvinguda».
En 2017 seguiron a percorrer o país até pecharen a xira en novembro na Sala Apolo de Barcelona con todas as entradas esgotadas meses antes.
Aos poucos meses de rematar a xira, presentaron La gran vida, o terceiro traballo da súa segunda etapa. O 19 de xaneiro de 2018 a banda publicou o primeiro sinxelo do disco, o videoclip de «Volcans». En menos dun mes dende a súa publicación acadou máis de 400.000 visualizacións. O disco amosaba unha liña máis rockeira e letras máis reivindicativas, como «La trama» ou «La darrera colònia». Semanas despois de lanzaren o disco, esgotaron as entradas para o concerto de presentación do 5 de marzo, na sala Razzmatazz de Barcelona. «Volcans» foi escollida a canción do ano 2018 por votación do público de Enderrock.
En 2019 o grupo tivo a xira máis espectacular da súa historia até o momento. Participou en escenarios destacados dos Países Cataláns, entre eles o Festivern, Telecogresca, Clownia, Acampada Jove, Canet Rock, Festiuet e Rabolagartija. Amais, foron cabeza de cartel de 70 actuacións. A principios de abril de 2019 publicaron unha canción inédita, «Connectats».
Discografía Canciones para no dormir (2005) F.C. Clandestinos 100 ventanas Llámame La suegra Zumo sexual Volverás Lunes de miel
Rebelión en la plaza (2007) La danza de la esperanza Botellón Agua Pedrito el Cantante Esta calor me está matando Estoy quemado Que tengas suerte Rock and Roll España (la fiesta de la especulación) Los vecinos de este bar La dansa de l'esperança (Bonus track) Radio Buhos (2009) Que es faci de nit Nen dels 80 Muro de Gibraltar Estic bé Bailando en el infierno Mileurista pobre desgraciado El regidor Cógelo Birres Salir a cazar Messi Gratis hits (2010) Dansa de l'esperança Birres Estoy quemao y no es del sol Salir a cazar El regidor Los vecinos de este bar Que es faci de nit Mileurista pobre desgraciao Botellón Nen dels 80 L'eclipsi Correfoc Minut 92 Cau la nit (2012) Festa Major Quan cau la nit Santuari on fire Número 1 La meva inspiració Petons de color verd Aigua salada El cambrer La patrulla de l'alegria Em deixo portar La meva inspiració (digital) Natura salvatge (2014) 180° (con Els Catarres i Strombers) Brama 3. El Vaso (con Albert Pla) Toca Hamelin (con Pulpul de Ska-P) Volem guanyar Som una melodia (con Alguer Miquel i Bo i Marcel "Tito" de Txarango) Chingao Res a les butxaques No serà etern Ales noves Sol naixent Lluna plena (2016) La última y nos vamos El temporal Barcelona s'il·lumina Prenent la Lluna El cor m'apreta (con Esne Beltza) El soneto de Geppetto Mentides de plàstic (con Aspencat) Mi vida es como un pogo Ens ballem aquesta nit Tornem al Penedès Birres Estoy quemao La gran vida (2018) Volcans La gran vida Escales fins al cel L'estiu és llibertat Transmets energia La bala del temps Els nostres tambors La trama Tu i jo som aire Cómplices del mal La darrera colònia Nos vamos pa'l festi Pompeia (2020) Intro + Medley inicial Transmets energia La gran vida Birres i birres La bala del temps La trama El cor m'apreta L'estiu és llibertat Prenent la lluna Tu i jo som aire Connectats Brama El temporal La última y nos vamos Nos vamos pa'l festi La última y nos vamos [coda] Barcelona s'il·lumina Volcans ''El dia de la victòria (2020) Una veu que crida Mil batalles A prop dels déus Vuela aunque duela Se acelera Fem que surti el sol Cada cop Pa per avui i gana per demà Cada divendres Donde se arrodillan los ateos La casa de David A galopar Mi calle favorita Àvia El dia de la victòria La nit està que crema'' (2023)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do grupo
Categoría:Artistas de Música Global Categoría:Grupos musicais de Cataluña