As bandas R son unhas bandas claras e escuras que aparecen nos cromosomas cando se lles aplica a técnica do bandeado R, bandeamento R, bandeado reverso (ou inverso), que é unha técnica citoxenética que produce as bandas inversas ás bandas G. Foi ideada por Dutrillaux e Lejeune.Biology online - Dictionary- Reverse banding O bandeado R obtense incubando as preparacións en tampón fosfato quente, facendo despois un tratamento coa tinguidura Giemsa. Os padróns resultantes nos cromosomas mostran bandas escuras R, que son o complemento das bandas G. As bandas escuras R son ricas en guanina-citosina, mentres que as rexións ricas en adenina-timina son desnaturalizadas máis facilmente pola calor. Esta técnica é útil para analizar delecións xenéticas ou translocacións cromosómicas que implican aos telómeros dos cromosomas.Karyotyping Hub - Waht is R-banding?Sudhansu Sekhar Nishank. Utkal University. Chromatin and chromosome banding pattern.

Existe unha variante simplificada do bandeado R que utiliza acridina.Verma RS, Lubs HA. A simple R banding technic. Am J Hum Genet. 1975 Jan;27(1):110-7. PMID 50737; PMCID: PMC1762781.

Notas

Categoría:Citoxenética Categoría:Técnicas de laboratorio Categoría:Cromosomas